O PSdeG destaca o "ton conciliador" do Rei, que busca "puntos de encontro" na sociedade e na política

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou o "ton conciliador" do discurso do Nadal do Rei Felipe VI, que busca "puntos de encontro" na sociedade e na política española e "evita calquera motivo que poida xerar tensión ou exclusión".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2018 | Actualizada ás 20:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou o "ton conciliador" do discurso do Nadal do Rei Felipe VI, que busca "puntos de encontro" na sociedade e na política española e "evita calquera motivo que poida xerar tensión ou exclusión".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na roda. EUROPA PRESS - Archivo
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na roda. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

En declaracións difundidas aos medios, o líder dos socialistas galegos asegurou "coincidir" nas dúas liñas argumentais fundamentais da mensaxe do monarca.

Así, en primeiro lugar, destacou a "importancia da convivencia política e do respecto das regras da democracia" e, en segundo lugar, a chamada a tentar incorporar de forma activa á xente máis nova no funcionamento político e nos valores nos que se sostén a democracia en España.

Ademais, Gonzalo Caballero tamén puxo en valor as mencións do Rei á loita contra a violencia de xénero, á cuestión do cambio climático.

Con todo, considerou que "podería haber unha ampliación dos temas do discurso a cuestións de igualdade económica e de oportunidades" nuns momentos nos que "hai unha ampla desigualdade evidenciada após a crise".

"Valoración positiva cara a un discurso que tenta pór en valor o que a democracia española ten de positivo para a cidadanía. Entendemos que nesa liña temos que avanzar", sinalou nunha intervención na que tamén considerou que "hai retos que cubrir de cara ao futuro".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta