O meu amigo xa despois de tantos anos como empresario, non ten vergoña e directamente díxolle en voz alta que ese día lle entraba un imposto aprazado e tamén unha remesa de cobros e que desexaba comprobar si o imposto estaba cargado e si se prevía que lle aboasen o diñeiro antes para facer fronte ao pago.
R moi riseiro, triunfante, colleu a tablet e indicoulle que o imposto estaba rexeitado. Ante a mirada asasina do meu amigo corrixiuse , indicando que rexeitado non, pero que non se cargou xa que faltaban trinta euros para afrontar a cantidade pendente de cargar e que por tanto tiña até as 14:00 para ingresar esa diferenza ou llo rexeitarían.
O meu amigo lembroulle que tiña pendente para ese mesmo día o abono dunha importante cantidade en conta e lle rogou a R si podería comprobar se era así. Nesta ocasión R xa nin colleu a tablet. Simplemente indicoulle que non podía ver esas cuestións pero que probablemente si non estaba xa en conta non chegase a tempo e o imposto sería rexeitado.
O meu amigo xa un tanto irritado, pero mantendo a calma díxolle que lle cargasen o imposto deixando temporalmente a conta en descuberto, en trinta euros e que cando chegase o ingreso se regulizaría . Nese momento a R cámbiolle a expresión e tal e como mo afirmo o meu amigo púxoselle cara de…
Porco Trufeiro, engurrou o nariz, ensinou os caninos e con voz rouca afirmou que como o mes pasado reclamáralle ao defensor do cliente do banco unhas comisións por descuberto e que esta lle foron devoltas por irregulares non lle ían a permitir nin un euro de descuberto máis.
O meu amigo sorriu e dixo en voz moi alta, xa que a sucursal estaba chea: “R estás a dicirme que como fixen uso dun dereito como cliente ante o banco por unhas comisións que non me correspondían e como o banco deume a razón vasme a castigar?”
R xa non sorriu, un tanto turbada deu unhas incoherentes explicacións dando por finalizada a reunión.
Finalmente o meu amigo liquidou a situación xa que o ingreso chegou á media hora tendo saldo suficiente para afrontar as obrigas impositivas de Facenda pero quedoulle un resaibo amargo.
As entidades bancarias abusan do cliente con comisións excesivas ou irregulares. Con todo, se o cliente presenta reclamación, por escrito e o departamento correspondente da mesma entidade dálle a razón devolvéndolle as cantidades indebidamente cobradas, os xestores da sucursal permítense tomar represalias de forma exemprarizante.
Sabes querido lector o motivo , porque nesas comisións irregulares está en moitos casos o beneficio da entidade , da sucursal, co diñeiro a tipos negativos , non gañan nada en prestar, pouco , onde gañan son nas comisións de mantemento , descuberto, cancelación de conta e un longo etc. A maioría delas inxustificadas ou pouco claras pero aplicadas. Ante iso o cliente pode reclamar mediante escrito ao propio banco e si a contestación non lle satisfai ante o propio banco de España. Isto non gusta á sucursal xa que moitas ocasións teñen que devolver o indebidamente cobrado e si son moitas as reclamacións pódenlles meter unha auditoría de servizo.
Por tanto o que fan en moitas ocasións é penalizar ao cliente, o do meu amigo foi un mero exemplo da actitude de certos porcos trufeiros.
Isto pinta moi mal, a ver que pasa.