Novo golpe policial contra os Miñanco e os Oubiña, os grandes clans da droga de Galicia

Detido en Alxeciras Sito Miñanco nun operativo policial contra a droga con Cambados como un punto neurálxico. Tamen foi detida a súa filla e outro fillo do histórico Laureano Oubiña.

Por E.P. | MADRID | 05/02/2018 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Axentes da 'Unidad Central de Drogas y Crimen Organizado' (Udyco) da Policía Nacional detiveron este luns en Alxeciras (Cádiz) ao narcotraficante galego Sito Miñanco, nunha gran operación levada a cabo en distintos lugares de España e durante a cal resultaron feridos dous membros do 'Grupo Especial de Operaciones' (GEO). No operativo, que tivo a Cambados (Pontevedra) como un dos puntos neurálxicos, prevense realizar ao redor de 40 detencións e 47 rexistros en empresas e domicilios.

Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho
Grandes narcos de Galicia: Sito Miñanco, Manuel Charlín, Laureano Oubiña, Marcial Dorado e Pelopincho

Segundo informaron fontes xurídicas, a operación, que se desenvolveu por orde da xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela, levouse a cabo na mañá deste luns, pero os investigadores levan desde 2016 detrás desta rede de Sito Miñanco, de 62 anos, que se dedicaba a introducir droga en España.

O operativo desenvolveuse en Andalucía, Galicia e Madrid e participaron axentes dos grupos 32 e 33 da Udyco e os 'Grupos de Respuesta Especial contra el Crimen Organizado' (GRECO) da Costa do Sol e de Galicia.

Un dos puntos neurálxicos da operación é a localidade de Cambados, onde a familia Miñanco ten numerosas propiedades. Alí rexistrouse a inmobiliaria onde traballa a súa filla, detida neste dispositivo, aínda que en xeral levou a cabo un amplo dispositivo desde primeira hora da mañá deste luns.

FERIDOS DOUS AXENTES

No marco do dispositivo, dous axentes que rexistraban unha nave situada entre os municipios madrileños de Collado Mediano e Alpedrete, na que se situaba unha galería de tiro, resultaron feridos nun tiroteo cun dos presuntos 'narcos'.

Inmobiliaria propiedade da familia Miñanco en Cambados (Pontevedra)
Inmobiliaria propiedade da familia Miñanco en Cambados (Pontevedra)

Aínda que os dous policías levaban chalecos antibala, após o tiroteo uno dos axentes foi trasladado ao Hospital Puerta de Hierro de Madrid por un impacto de bala na clavícula e a súa vida non corre perigo. O outro policía resultou contusionado polo impacto dunha bala no chaleco.

Na nave había cinco 'narcos' da rede de Sito Miñanco e o que abriu fogo contra os axentes resultou ferido con polo menos catro impactos de bala nas pernas, segundo indicaron a Europa Press fontes policiais.

Mentres que o líder da organización foi arrestado en Alxeciras, a súa filla foi detida en localidade de Cambados (Pontevedra), onde rexenta unha inmobiliaria. En Galicia tamén foi arrestado un fillastro doutro 'narco' galego, Laureano Oubiña, segundo as citadas fontes.

Sito Miñanco, que ten un xuízo pendente nos próximos días por branqueo de capitais, foi posto en liberdade por última vez en 2015 após cumprir tres cuartas partes dunha condena de 16 anos e 10 meses de cárcere e tiña prohibido viaxar a Galicia. Previamente, fora sentenciado a 20 anos, dos que cumpriu sete.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O NARQUEO CONTINUA

que medo.... continua o narco, o narqueo, seria terrorífico que comenzaran a irse da lingua agora que no PP imponse a operación "recambio" para librarse do malfeitor do Rajoy, cada día cae e cae mais nas enquisas case tanto como o podreiros-mareante Waldo das JONS o chamado coletas, agora o escandalo dos narcos a chamada narco-conexión COSTA NOSTRA pode obstaculizar moito, pode lembrar a xente certas fotos, certo presidente do pepeiro dándose a gran vida con coñecidos narcotraficantes!!! e xa se sabe cando saen isas fotos comenza a caer e caer o frijoles...