O ‘Tramabús’ parará por Ferroatlántica, Ence e o hospital de Vigo

Podemos personalizará o seu famoso autobús-denuncia con motivos referidos a Galicia. A ruta buscará salientar as conexións dos conservadores co imputado Villar Mir -parando en Ferroatlántica- e a indultada ENCE -onde sentan no Consello de Administración unha ex-ministra e un ex-conselleiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2017 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O 'Tramabús' de Podemos visita o vindeiro venres e sábado, días 5 e 6 de maio, Galicia para denunciar que a "corrupción do PP" ten "denominación de orixe galega" e evidenciar que "non hai dous Partidos Populares diferentes".

Rueda de Prensa de Podemos Galicia sobre o 'Tramabús'
Rueda de Prensa de Podemos Galicia sobre o 'Tramabús' | Fonte: Europa Press

POSÍBEIS PARADAS

Podemos non informou de cales serán as paradas do famoso autobús. Con todo, GC puido averiguar que probablemente parará en Cee, para denunciar a conexioń de Villar Mir, dono de Ferroatláncia, co PP. Villar Mir está imputado na Operación Lezo e pretende que a Xunta autorice a venda por anacos do seu emporio hidroléctrico e metalúrxico na Costa da Morte. O Tramabús por Galicia tamén pode parar en Pontevedra, fronte ENCE, industria cuxa polémica permanencia na Ría foi prrogaga polo Goberno do PP en funcións. No consello de Administración de ENCE sentan Isabel Tocino (ex-conselleira de Medio Ambiente con Aznar) e Carlos del Álamo (ex-conselleiro de Medio Ambiente con Fraga). Ademais, pode que pare diante do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, xestionado en gran medida por empresas privadas.

eN rolda de prensa celebrada en Santiago de Compostela a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, asegurou que a "trama" de corrupción que denuncia esta campaña posta en marcha a nivel estatal pola formación morada ten "ramificacións en todas as partes do Estado".

"En Galicia ten unha ramificación das máis importantes, que vén de décadas atrás, con casos de financiamento ilegal do PP como o Naseiro", sinalou Carmen Santos, que citou tamén as vinculacións da 'Gürtel' coa Comunidade galega.

Así, lembrou que o exsecretario xeral do PP galego Pablo Crespo, a quen definiu como unha persoa de "confianza" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, permanece en prisión pola súa implicación nesta "trama".

OUTROS CASOS

Na súa intervención, a secretaria xeral de Podemos Galicia tamén explicou que tanto o empresario Villar Mir como o seu xenro, Javier López Madrid, foron imputados na operación que investiga un suposto financiamento ilegal do Partido Popular madriñelo. "Eles teñen aquí empresas como Ferroatlántica e, xusto hai un ano, a Xunta concedeulle 30 millóns por un contrato público a Sacyr e OHL", apuntou.

Así mesmo, tamén avanzou que o 'Tramabús' prestará especial atención á situación da sanidade en Vigo que "tantos problemas" causa aos veciños. "O Hospital Álvaro Cunqueiro é un dos grandes exemplos de negocio do Partido Popular, que prexudica tanto ás arcas da Xunta, polo gasto que lle supón, como aos cidadáns polo empeoramento da atención".

Por todo iso, Carmen Santos considerou necesaria a presenza en Galicia desta campaña posta en marcha pola dirección estatal da súa formación. "Dicir que o PP de Galicia non ten nada que ver é un insulto á intelixencia dos cidadáns", sinalou.

Ademais, aproveitou a súa comparecencia ante os medios para cargar contra o proceso que terminou coa venda de Novagalicia Banco ao grupo venezolano Banesco. Respecto diso, censurou que a venda desta entidade financeira, "que foi xestionada directamente polo presidente da Xunta, "acabou" en mans do "maior banco privado de Venezuela". "Pero despois Venezuela é vinculada polo PP con Podemos dunha forma vergoñosa, cando sabemos que quen ten tratos con Venezuela é o señor Feijóo", apuntou.

MOCIÓN DE CENSURA

Ante todo iso, Carmen Santos asegurou que os cidadáns non poden permitir a "berlusconización" de España e emprazounos a participar na mobilización que terá lugar o próximo 20 de maio en apoio á moción de censura proposta polo seu líder estatal, Pablo Iglesias.

"Hai que facer forza común contra un partido imputado que ten detrás a toda unha serie de persoas que son criminais económicos e políticos que están a prexudicar directamente á cidadanía", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 comunista independentista

Xa sabemos que no Bloque queredes ser coma o PNV: uns Tio-Toms cipaios e autonomistas que mendigan esmolas ao Amo de turno PP/PsoE. Pero podiades disimular un pouco, que se vós ve o plumeiro e dades moito noxo.

1 Anti pederastas

Mendigar mendigas ti fotos pederastas langrán que das vergoña.

10 Androide

Miguel Ferro Caveiro, 8 (CCOO) e Miguel Ferro Caveiro, 12 (UGT). Dúas paradas obrigadas para o bus se en verdade quere denunciar a trama de corrupción pagada por Villar Mir.

9 Hai Marea

Grazas grupo confederado Marea Podemos como se nota a vosa influencia no parlamento do estado, conseguintes no que vai de lexislatura traer un autobús pintado, nada de chorradas de desas de tarifas eléctricas propias , protexer sectores extratexicos, competencias... Non esquezades parar en Ence para recoller cartos de CC.OO obreiras para os gastos de viaxe do autobús sobre todo peaxes que están ben caros por Galicia e de paso darlle un paseo a vosa amiga Isabel Tocino pola ría.

8 SABIO

E na FORGA non van parar?

7 RAMIRO DE YOLI

E TAMÉN POR REGANOSA, QUE É O MAIOR PELOTAZO ECONÓMICO DA HISTORIA DE GALICIA ( Ainda de que os alcaldes de Yoli Procesiones en Ferrol e Mugardos, agora están caladiños como petos)