Estudan en Compostela o uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento de cancro

Investigadores de España e Reino Unido xúntanse na Universidade de Santiago para o tratamento do cancro mediante hipertermia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2017 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Un grupo multidisciplinar de investigadores de España e do Reino Unido reúnense este xoves na Universidade de Santiago de Compostela (USC) para debater sobre o uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento de cancro mediante hipertermia, así como outras aplicacións biomédicas. 

Tratamento de cancro mediante hipertermia
Tratamento de cancro mediante hipertermia | Fonte: Dr. Sennewald Medizintechnik GmbH

O encontro ‘Nanopartículas magnéticas para hipertermia. Experimentos e simulacións’ ten lugar lugar este xoves e venres na Aula Magna da Facultade de Óptica organizado polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas (IIT) da USC e o Computational Magnetism Group da Universidade inglesa de York, e está enmarcado no proxecto ‘Evolución da temperatura a escala nanométrica durante o tratamento de cancro mediante hipertermia’ financiado pola Royal Society (Reino Unido) para promover o traballo conxunto entre ambos grupos no eido do uso do nanomagnetismo para aplicacións biomédicas. 

Coordinan esta xuntanza científica o profesor e director do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Daniel Baldomir; o profesor do Grupo de Magnetismo Computacional da Universidade de York, Roy Chantrell; e o investigador posdoutoral David Serantes, membro do  IIT e actualmente de estadía en York co profesor Chantrell. 

Aproveitando esta xuntanza científica, o profesor Roy Chantrell pronunciará este venres 20 ás 10.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física a conferencia ‘Multiscale magnetic models; from electronic structure to device design’

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta