O fiscal pide investigar a Traballo pola Operación Patos

Quere chamar como imputada á xefa territorial da Consellería de Traballo e como testemuñas á alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro, ao presidente do Coruxo, Gustavo Falque e ao secretario xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, entre outros.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/04/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O fiscal solicitou a declaración de especial complexidade da instrución da Operación Patos, que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas, para ampliar o período das dilixencias até xuño de 2017. O seu obxectivo é aumentar o número de investigados –imputados--, entre eles, o de María Rita P., xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta en Vigo ou os empresarios Alberto D., de Ediserpo, e José G.F., representante legal de Aldasa.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o 13 de agosto de 2012 o concello de Oia, na compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez, e o tenente alcalde, Eugenio Portela, para comprobar o remate dos traballos comprometidos para a conexión do depósito municipal de abastecemento. As obras foron adxudicadas a Eiriña, empresa presunto centro da Operación Patos
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o 13 de agosto de 2012 o concello de Oia, na compaña do alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez, e o tenente alcalde, Eugenio Portela, para comprobar o remate dos traballos comprometidos para a conexión do depósito municipal de abastecemento. As obras foron adxudicadas a Eiriña, empresa presunto centro da Operación Patos | Fonte: xunta.es

A fiscalía destaca a "abundantísima" documentación solicitada e ao seu carácter técnico para ampliar as investigacións, así como a cantidade de recursos de apelación presentados. Ademais, pide aumentar as declaración de testemuñas. E, na nova lista, figura a anterior xefa territorial de Traballo e Benestar, a xefa do servizo de Coordinación Administrativa e o xefe do servizo de Emprego da Consellería de Traballo, e un funcionario da área de Contratación e Patrimonio da Deputación.

Tamén figuran a alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro, o presidente do Coruxo, Gustavo Falque, o secretario xeral da Autoridade Portuaria de Vigo e o xefe do departamento de Obras desa institución, e tres empregados de Eiriña.

O fiscal pide citar como perito da delegada territorial en Vigo da Intervención Xeral da Administración do Estado e varios expedientes á Xefatura territorial de Traballo e Benestar e do Concello de Vigo

Juan Manuel Costas, a empresa 5 Jotas, implicado na Operación Patos
Juan Manuel Costas, a empresa 5 Jotas, implicado na Operación Patos
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

E cando rematen coa Operación Patos poden abrir a Operación Ria de Vigo - Privilexios ! http://gamela00.blogspot.com.es/201...

1 Falque e louzan amor eterno

Gustavo falque,gran mafioso que ahora e vicepresidente da federación galega de fútbol con seu amigo louzan. Cantos millons ten recibido o Coruxo fc da diputación con louzan