Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 18:06
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, defendeu este venres que a integración do Sergas na estrutura da conselleria obedece á intención de facer o seu funcionamento "máis operativo" e evitar "solapamentos" e "ineficiencias", aínda que o considerou unicamente "un pequeno cambio".
En declaracións aos medios antes de participar en Santiago na inauguración dun encontro de Neurología, o conselleiro explicou que a intención é, "no canto de ter dúas estruturas que corran paralelas, facer unha que conflúa nunha soa cabeza".
"Simplemente é un tema de operatividade", dixo Gómez Caamaño, que garantiu que "todos os postos de traballo e todas as funcións van ser as mesmas". "Se ti tes, por unha banda, a planificación e xestión, e doutra banda as prestacións, a asistencia, e van paralelas, ás veces existen solapamentos, ineficiencias", apostilou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.