Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 15:44
As vías ferroviarias galegas rexistraron varias incidencias este martes, unha delas xa resoltas. En concreto, un Alvia con destino a Vigo tivo unha incidencia técnica á saída de Ourense e polo que tiña regresar á estación, o que provocou atrasos noutros dous trens Avant.
Tal e como confirmaron fontes de Renfe a Europa Press, esta incidencia produciuse sobre as 11 deste martes, polo que o tempo no que o Alvia estivo parado antes de regresar á estación de Ourense provocou atrasos na saída da media distancia Avant e a chegada doutro convoi destas características, cunha afectación duns 48 minutos.
Os pasaxeiros con destino a Vigo foron trasladados por estrada, mentres que os viaxeiros que viñan dese punto cara a Ourense para seguir ata Madrid tiveron que cambiar de tren na cidade das Burgas.
DESPRENDEMENTO
Doutra banda, un desprendemento de terra sobre a infraestrutura ferroviaria foi a causante doutra incidencia na liña ferroviaria entre Ourense e Ponferrada. Concretamente, interrompeuse a circulación entre San Clodio-Quiroga e Freixeiro, o que afectou a dous trens de media distancia que o percorrido Ourense-Ponferrada e Ponferrada-Ourense-Vigo.
Desta maneira, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte entre San Clodio-Quiroga e Monforte de Lemos para garantir a mobilidade de pasaxeiros. A este respecto, os trens Alvia que fan o percorrido entre Galicia e Barcelona, e que tamén circulan por esta liña, non sofren molestias adicionais. Como a liña está en obras entre Monforte e Ourense, xa realizan parte por estrada o que, en todo caso, esténdese a un tramo maior: o que vai de Ourense a San Clodio-Quiroga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.