Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/04/2024 | Actualizada ás 16:05
A Garda Civil detivo a un veciño de Malpica como presunto autor dun delito de roubo con intimidación e violencia e tentativa doutro en sucursais bancarias da provincia. O 23 de febreiro frustrouse o primeiro intento de roubo a unha sucursal da localidade de Esteiro, onde o presunto autor non chega a acceder ao banco, xa que o empregado llo impide porque sospeitou da súa actitude e roupa. Catro días máis tarde, o mesmo autor, asalta outra sucursal bancaria de Ponte do Porto, Camariñas, onde tras acceder, agrede e intimida cunha arma de fogo ao único empregado e consigue sustraer un total de 44.000 euros.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
O presunto autor atopábase cumprindo condena por feitos similares e foi posto a disposición do Xuzgado de 1º Instancia e Instrucción número 2 de Corcubión, tras prestar declaración, a Titular do Xuzgado acordou o seu ingreso en prisión sen fianza e comunicada.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Ferida unha persoa ao saírse da vía e envorcar co seu vehículo en Maside
- Máis do 60% das denuncias por desaparición en España corresponden a menores de idade
- O vento deixa árbores caídas en Galicia nunha xornada con refachos de ata 108 km/h en Carballeda de Valdeorras
- A Plataforma Ulloa Viva acusa á Xunta e ao Estado de escoitar antes a Altri que aos cidadáns: "É indignante"
- Buscan en Campo Lameiro ao dono do diñeiro que apareceu nun paso de peóns
- O aeroporto de Peinador, en Vigo, suspende a partir do luns a actividade