Extinguido o incendio de Rois logo de queimar 130 hectáreas desde o pasado luns

Pola súa banda, permanece controlado o incendio forestal que afecta desde a noite do martes ao municipio pontevedrés da Cañiza

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

Os servizos de loita contra o lume lograron extinguir o incendio forestal que desde a tarde do pasado luns queimou 130 hectáreas no municipio pontevedrés de Rois.

Diso informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado no que explica que as chamas quedaron sufocadas ás 18,50 horas deste mércores, máis de 48 horas despois de iniciarse minutos antes das 18,00 horas do pasado luns na parroquia de Leroño.

A última estimación cifra en 130 as hectáras queimadas, das cales, 124 corresponden a superficie arboledo e o seis restantes a monte raso. Durante os dous últimos días, mobilizáronse en Rois tres técnicos, 46 axentes, 58 brigadas, 43 motobombas, tres pas e medios aéreos.

INCENDIO NA CAÑIZA

Pola súa banda, permanece controlado o incendio forestal que afecta desde a noite do martes ao municipio pontevedrés da Cañiza.

O lume permanece baixo control desde minutos despois das 15,00 horas e a superficie afectada elévase a 32 hectáreas, segundo a última estimación facilitada pola Consellería do Medio Rural.

Na zona do incendio, declarado ás 22,00 horas do martes, despregáronse ata o momento tres técnicos, 14 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, unha pa, un tractor e un helicóptero.

Incendio forestal activo en Rois chegando á estrada AC-301
Incendio forestal activo en Rois chegando á estrada AC-301 | Fonte: Cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta