Afectados pola A-57 en Pontevedra recadan máis de 10.000 euros para recorrer o proxecto na Audiencia Nacional

Alertan de que as obras da autovía "suporán un impacto ambiental, patrimonial e social irreparable para a cidadanía pontevedresa e para o conxunto do pobo galego"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2024 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A plataforma veciñal de afectados pola A-57 nas parroquias de Xeve e Bora, no municipio de Pontevedra, así como a asociación ecoloxista Adega, recadaron máis de 10.000 euros, os fondos necesarios para recorrer o proxecto ante a Audiencia Nacional.

Segundo informan nun comunicado, conseguiron en "tempo récord", pouco máis dun mes, o diñeiro necesario para emprender accións legais contra a aprobación do proxecto definitivo e estudo de impacto ambiental no seu tramo entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve), en Pontevedra.

E é que alertan de que as obras da autovía "suporán un impacto ambiental, patrimonial e social irreparable para a cidadanía pontevedresa e para o conxunto do pobo galego".

Entre outras cuestións, advirten de que as obras "romperían pola metade a Zona de Especial Conservación do río Lérez", ao que se suma a construción dun viaduto de 700 metros sobre o río Lérez e outros dous sobre o Rego de Xanín e o Rego de Cardos.

En conxunto, a actuación prevé unha intervención directa sobre 6.000 metros cadrados de superficie ambientalmente protexidas, o que "compromete o estado de conservación de especies vulnerables e en perigo de extinción que habitan o leito fluvial, como é o caso do mexillón de río".

Adega recada fondos para emprender accións legais contra en tramo da autovía A-57 en Pontevedra. ADEGA
Adega recada fondos para emprender accións legais contra en tramo da autovía A-57 en Pontevedra. ADEGA

BNG E A PRÓRROGA DA CONCESIÓN DA AP-9

O BNG solicitou á Comisión Europea (CE) que faga pública a documentación sobre o expediente aberto a España pola prórroga da concesión da AP-9 á compañía Audasa por un posible incumprimento, por unha banda, da lexislación comunitaria sobre contratación pública e, por outro, da normativa sobre a concesión de autoestradas.

Tras coñecerse este mércores a apertura do expediente, o segundo que Bruxelas incoa a España polas prórrogas da Autoestrada do Atántico, a eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, rexistrou unha pregunta dirixida á CE sobre o procedemento iniciado en 2021 para que informe da resposta facilitada polo Estado español e os prazos dados, así como o contido do propio expediente.

"Na resposta á unha pregunta anterior, a Comisión afirma que tivo varios intercambios e reunións coas autoridades españolas que parece que non tiveron éxito, como se constata neste novo requirimento", subliñou Miranda, que considera que "cada vez hai máis indicios de que a prórroga é ilegal"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta