Impulsan un informe sobre o dereito de negociación colectiva no traballo doméstico

O Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) fixo unha "radiografía" da situación laboral deste sector

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) acaba de impulsar o informe 'O dereito de negocación colectiva no traballo doméstico. Un estudo comparado con Alemaña, Francia, Italia, Portugal e con Reino Unido', elaborado por lso docentes da UDC Alberto Arufe, Xosé Manuel Carril, Jesús Martínez e Iván Vizcaíno, membros da área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da institución académica.

O informe reflicte unha radiografía completa da situación laboral deste sector nese cinco países e pon de manifesto a necesidade de crear un marco de negociación que o dote dun convenio colectivo que, a día de hoxe, non existe.

O pasado 29 de febreiro entrou en vigor en España o Convenio da Organización Internacional do Traballo (OIT) número 189 sobre o traballo decente para profesionais neste ámbito, aprobado en 2011.

Todo estado que ratifique o convenio debe "respectar, promover e facer realidade os principios e os dereitos fundamentais no traballo", entre os que figura expresamente o recoñecemento efectivo do dereito de negociación colectiva, aínda que en España xa estaba previsto legalmente este dereito con carácter previo.

Con respecto a Galicia, os datos da Seguridade Social a marzo de 2024 reflehan que, durante ese período, estiveron dadas de alta unha media de 23.223 persoas no sistema especial de empregados do fogar, que se poderían beneficiar da iniciación da negociación colectiva.

O CGRL considera que este informe "pioneiro", xunto coa aplicación do convenio internacional, pode sentar as bases do cambio e mellorar a situación de traballadoras e traballadores domésticos.

O informe presentarase publicamente o 29 de abril en Santiago de Compostela nun acto cos autores do documento e con representantes de CIG, CC.OO. e UGT, así como da Confederación de Empresarios de Galicia.

Unha das instalacións por dentro dunha oficina de emprego do SEPE.. Jesús Hellín - Europa Press
Unha das instalacións por dentro dunha oficina de emprego do SEPE.. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta