O prezo dos coches de segunda man segue subindo e aumenta máis dun 3 % en marzo, o dobre que en España

O prezo dos turismos de segunda man sobe en Galicia un 3,4% en marzo de 2024 en termos interanuais, cun prezo medio de 11.939 euros, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2024 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

O prezo dos turismos de segunda man sobe en Galicia un 3,4 % en marzo de 2024 en termos interanuais, cun prezo medio de 11.939 euros, segundo datos da Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove). Este incremento supón o dobre da media española do 1,7 %, cun prezo que se eleva no conxunto do país a 12.849 euros.

Se se compara co mes anterior (febreiro de 2024), os turismos de ocasión soben un 2,1 % na comunidade galega, o que contrasta coa baixada do 0,5 % no Estado. Os coches de máis de oito anos pagáronse en Galicia a 9.351 euros de media en marzo, un 5,7 % de subida en termos interanuais. O prezo medio estatal foi de 9.863 euros, un 3,3 % de incremento anualizado.

O peso destes turismos en Galicia foi do 72,3 % sobre o total do mercado de segunda man, fronte ao 61,8 % a nivel español. Por provincias, Ourense rexistra a maior subida no mes de marzo (+ 6 %), seguida pola Coruña (+ 4,2 %) e Pontevedra (+ 4 %); mentres que os prezos baixan en Lugo.

Coche de ocasión nun concesionario
Coche de ocasión nun concesionario | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta