Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 10/04/2024 | Actualizada ás 14:50
O discurso de investidura do candidato á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, foi vivido por parte da oposición como unha auténtica tortura. O propio líder de Democracia Ourensana, Armando Ojea, ao rematar o acto, asegurou ter asistido ao "discurso máis plúmbeo da miña vida". Opinión que, polo que podemos deducir dos seus xestos, comparten tamén a líder nacionalista, Ana Pontón, e o líder do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Mentres para Pontón a salvación estaba no WhatsApp, Besteiro xa non sabía nin cara onde mirar para non durmir e Ojea resopraba a cada pouco desexando que Rueda chegase ao final dunha vez.
Aquí tes o vídeo de como viviu esta sesión de investidura cada un:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Pleno.- Unidade parlamentaria para anular a prórroga da AP9 e pedir medios de xestión para o litoral
- Anuncian a creación dun decálogo de boas prácticas LGBTIQ+ no deporte cunha canle de denuncias
- Acordo no Parlamento para a renovación do CGPJ entre reproches cruzados de PP e PSdeG
- Rexeitada a destitución de Sánchez Izquierdo como director xeral da CRTVG co apoio do PP
- O BNG reclama que a PAC recolla as particularidades do agro galego
- Diego Calvo recibe á consulesa xeral de Francia en Bilbao