Santiago pon en funcionamento un contador de árbores xeorreferenciadas

Tamén se procedeu á plantación de árbores por parte do alumnado do CEIP Raíña Fabiola.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2024 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Este 21 de marzo, o Concello de Santiago celebrou o Día dos Bosques e o Día da Poesía no Xardín dás Pedras que Falan cunha plantación de árbores por parte de alumnado do CEIP Raíña Fabiola e coa entrada en funcionamento dun contador de árbores que contribuirán ante os retos de emerxencia climática.

No acto, ademais da alcaldesa Goretti Sanmartín, estiveron o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez; a concelleira de Educación, Míriam Louzao; representantes dos grupos municipais e alumnado e profesorado do CEIP Raíña Fabiola, que aproveitaron esta xornada para facer unha lección práctica de educación ambiental coa plantación de cinco ginkgos biloba, que acompañarán ao exemplar do século XIX que resulta moi vistoso coas súas características follas amarelas cada outono.

O Concello organizou este evento como unha experiencia "educativa, ecoloxista e formativa", en palabras da alcaldesa, "como unha mostra da importancia do coidado da natureza, para fomentar a plantación de árbores, que son necesarias na loita contra a emerxencia climática, para regular a temperatura e reducir o quecemento global".

Ademais, a alcaldesa anunciou que o Concello inicia unha etapa nova coa posta en marcha dun contador de árbores ao que se accede desde a web municipal, onde figuran os exemplares georreferenciados a día de hoxe e inscribiranse os que planten a partir de agora, para que alí figure esta contribución coa natureza e cos retos ante a situación de emerxencia climática.

Plantación de Árbores con motivo do Día dos Bosques.. CONCELLO DE SANTIAGO
Plantación de Árbores con motivo do Día dos Bosques.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta