Novo barómetro do CIS: o BNG sobe dúas décimas en estimación de voto e o PP aumenta a marxe co PSOE

O primeiro barómetro tras a votación da amnistía e o caso Koldo eleva ao PP 2,7 puntos por encima do PSOE.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/03/2024 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O Barómetro de opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de marzo sitúa ao PP case tres puntos por encima do PSOE, rompendo o empate técnico do mes anterior, e reflicte unha alza de dúas décimas en estimación de voto ao BNG, que pasa do 0,7 de febreiro ao 0,9 en marzo.

O de marzo é o primeiro estudo tras a primeira votación da Lei de Amnistía no Pleno do Congreso, o estalido do 'caso Koldo' e as eleccións autonómicas galegas que se celebraron o pasado 18 de febreiro. En concreto, a enquisa sitúa ao PP na cabeza cunha estimación de voto do 34 % e 2,7 puntos de vantaxe sobre o PSOE, que queda nun 31,3 %. Os 'populares' sacan ademais cinco puntos aos socialistas en voto xa decidido, cun 25,2 % polo 20,8 %.

Pola súa banda, Vox escala ata a terceira praza e anota unha estimación de voto do 9,9 %, por diante do 9,2 % de Sumar, que ata agora mantiña con folgura a medalla de bronce. Estes e outros datos atópanse recollidos no barómetro mensual realizado do 1 ao 5 de marzo con 3.931 entrevistas no conxunto do Estado sobre cuestións habituais como a estimación de voto, os problemas que afectan os españois, os conflitos internacionais e, como tema de actualidade, as reivindicacións do sector agrícola.

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón
A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón | Fonte: César Arxina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta