O BNG de Vigo dá 24 horas a Abel Caballero para ter acceso ao reequilibrio de Vitrasa ou promoverá accións xudiciais

Así o sinalou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, nunha rolda de prensa levada a cabo na mañá deste xoves, onde dixo que se trata dunha situación "de gravidade extrema" e "sen precedentes", ao considerarse Caballero o "monarca absoluto" da cidade e non deixar que a oposición realice o seu traballo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/03/2024 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia