Condenado a 11 anos por tentar asasinar á súa parella e deixala tendida na rúa en Carballo

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/02/2024 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a once anos e tres meses de cárcere a un home por tentar asasinar á súa parella e deixala tendida nunha rúa en Carballo. Ambos tiñan dous fillos en común e mantiñan unha relación estable desde facía uns vinte anos.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tribunal considera probado que o 29 de maio de 2022, cando regresaban en coche ao seu domicilio, despois de estar acompañados de familiares e amigos en diversos establecementos da localidade de Carballo, comezaron unha discusión.

Tras iso, nas inmediacións do domicilio que ambos compartían, o acusado parou o vehículo na estrada e, actuando con total indiferenza cara á integridade da vítima, calquera que fose o resultado, golpeouna fortemente varias veces na cara". Ademais, o acusado saíu do vehículo e deulle varias patadas na cabeza.

O tribunal, que tivo en conta as agravantes de parentesco e de xénero, e a atenuante de embriaguez, tamén lle impuxo a privación da patria potestade sobre os seus dous fillos menores de idade, así como a prohibición de comunicarse e de aproximarse á vítima e aos seus dous fillos menores de idade durante 15 anos. En concepto de responsabilidade civil, deberá indemnizar á afectada con 90.000 euros.

Dous axentes levan ao home detido por agredir supostamente á súa parella nun caso de violencia machista / M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Dous axentes levan ao home detido por agredir supostamente á súa parella nun caso de violencia machista / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

TESTEMUÑO DE ACUSADO E DE VÍTIMA

No xuízo, o home declarouse "inocente" dos feitos que se lle imputan, aínda que recoñeceu tela agredido. "Claro que lle peguei", dixo no xuízo celebrado na Audiencia provincial coruñesa.

Pola súa banda, a agredida argumentou que non lembraba o que sucedera e que só tiña constancia de estar nun local e despois aparecer no hospital. Para o procesado, Fiscalía solicitaba 13 anos de cárcere, a acusación particular 17 anos e a defensa, mentres, un ano por lesións agravadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta