O 17% dos galegos optan por facer un cruceiro, coas Illas Gregas como destino favorito

Así o acredita o II Radiografía do viaxeiro actual de MSC Cruceiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2024 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

O 17% dos galegos optan por gozar dunhas vacacións en cruceiro, segundo aforma o estudo de MSC 'II Radiografía do viaxeiro actual: preferencias e a súa relación cos cruceiros', no que tamén se apunta que as Illas Gregas son o destino favorito. Segundo os datos que arroxa este estudo, en Galicia a motivación principal para viaxar é o "desexo de coñecer outros lugares e culturas", cun 81%. Entre outras razóns, séguenlle "relaxarse" e "non facer nada" (46%); e visitar a familiares e amigos (45%). Ademais, máis dun terzo menciona a importancia de conectar coa natureza en vacacións.

Case a metade dos galegos cruceristas (46%) prefire viaxar fóra de tempada alta. Entre as razóns, 78% dos enquisados menciona o factor económico como a razón principal para viaxar fóra de tempada (fronte ao 71% do ano pasado), e un 59% menciona a preocupación polas multitudes.Estas viaxes cada vez son planificadas con maior antelación, con máis dun terzo dos galegos reservando as súas vacacións entre 3 e 6 meses antes, e un 14% mesmo con máis de 6 meses de anticipación.

Cando se trata de elixir compañía para un cruceiro, a maioría dos galegos (73%) considera que a parella é o acompañante perfecto; de feito, sete de cada dez cruceristas viaxaron coa súa parella, seguidos por un 20% que o fixo en familia e un 13% que optou por viaxar con amigos. Obsérvase unha diferenza entre xéneros, e é que os homes prefiren facer cruceiros en parella máis que as mulleres (64% fronte a 36%), mentres que as mulleres prefiren os cruceiros como destino para viaxar coa familia (66% fronte a 33%).

En canto ás preferencias de itinerarios para cruceiros en 2024, un 33% dos galegos optaría polas Illas Gregas como o seu destino estrela, seguido dos itinerarios que percorren o Norte de Europa e os Fiordos Noruegueses, que capturan a atención dun 29% dos enquisados. Doutra banda, aínda que en menor medida, aparecen outros destinos como o Mediterráneo Oriental (13%) e o Mediterráneo Occidental (10%).

Cruceiro na Coruña / AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA  / Europa Press
Cruceiro na Coruña / AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta