Morre un mariñeiro de 31 anos de Ribeira fronte ás costas de Brasil

Crese que o mozo sufriu algún tipo de accidente cardiovascular, como poida ser un ictus, segundo información trasladada polo Centro Radio Médico no mar.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 22/02/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Un mariñeiro de 31 anos, natural de Ribeira, faleceu a bordo do pesqueiro 'Petrel', de pavillón malvino pero participado por unha armadora viguesa, cando se atopaba no oceáno Atlántico a dous días de travesía das costas de Brasil. Fontes consultadas por Europa Press explican que, a falta dos resultados da autopsia, crese que o mozo sufriu algún tipo de accidente cardiovascular, como poida ser un ictus, segundo información trasladada polo Centro Radio Médico no mar.

O falecemento produciuse o pasado martes en augas do Atlántico. Este xoves, o buque atópase no porto de Recife (Brasil), despois de partir do porto de Vigo o pasado 9 de febreiro. Agora, a armadora viguesa traballa na repatriación do corpo deste mozo, que era xefe de máquinas do buque.

Barco pesqueiro
Barco pesqueiro | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta