Rego acusa a PSOE e Sumar de "españolizar" a campaña e di que o BNG subiu por facela "en clave galega"

Nega que os votos ao BNG sexan ex votantes socialistas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/02/2024 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, achaca a subida do seu partido nos comicios galegos, que pasou de 19 a 25 escanos, a que se mantiveron en "clave galega" fronte á campaña "españolizada" levada a cabo por parte do PSOE e Sumar coa presenza constante dos seus líderes e ministros.

Durante unha rolda de prensa este martes no Congreso, Rego mostrouse convencido de que a cidadanía en Galicia votou en "clave galega" a pesar de que o PSOE e Sumar optasen por "españolizar" a campaña das eleccións autonómicas coa presenza permanente dos seus líderes e ministros, e reivindicou que, en contraposición, o BNG trasladou as súas propostas optando por unha campaña "tranquila e en positivo".

Aínda que o portavoz galego tamén acusou ao PP de facer un "esforzo extraordinario" para introducir na campaña galega elementos que non teñen que ver con Galicia. Ao seu xuízo, esta estratexia débese a que non eran "capaces de defender a súa xestión" e ante isto "non faltou ningún dos comodines habituais do Partido Popular", reprochou.

As INTERPRETACIÓNS EN CLAVE ESTATAL SAEN DE MADRID

Segundo o portavoz, os "medios publicados en Madrid" dedícanse a facer valoracións "que non teñen nada que ver" coa realidade de Galicia e por tanto sorpréndelle que se fagan "debates" sobre o resultado destes comicios con "pouco coñecemento da realidade". "É de aí de onde saen esas interpretacións en clave estatal que non teñen nada que ver connosco", afeou.

Ademais, ao ser preguntado polo posible transvasamento de votantes do PSOE á súa formación despois de que os socialistas obtivesen o seu peor resultado en Galicia pasando de 14 a 9 escanos con respecto ao ano 2020. Rego explicou que o PSOE perdeu 45.000 votos, mentres que o BNG gañou 155.000 votos, por tanto, di que hai unha diferenza de máis de 100.000 votos que "de forma clara non viñeron dos votantes anteriores do Partido Socialista".

O deputado de BNG Néstor Rego durante unha rolda de prensa no Congreso dos Deputados
O deputado de BNG Néstor Rego durante unha rolda de prensa no Congreso dos Deputados | Fonte: Carlos Luján - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta