Vox, do 18,8% de votos en Avión nas municipais ao 3,4% das galegas

É o único concello onde ten representación municipal en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2024 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Vox quedou no 3,4% dos votos no concello ourensán de Avión, único lugar de Galicia onde o partido de Santiago Abascal ten representación co edil logrado nas municipais de maio de 2023.

Entón, alcanzaron o 18,8% dos sufraxios cun total de 176 papeletas que lle reportaron unha acta de concelleira Lilian Cerdeira Mosquera. Nove meses despois, nas eleccións galegas só houbo 27 papeletas de Vox nas urnas do municipio ourensán, onde o PP levou o 84,4% dos votos. Así, Vox foi cuarta forza, por detrás dos populares, o BNG (6,3%) e PSdeG (3,95%).

O presidente de Vox, Santiago Abascal, no mitin de peche de campaña xunto ao candidato da formación á Presidencia, Álvaro Díaz-Mella
O presidente de Vox, Santiago Abascal, no mitin de peche de campaña xunto ao candidato da formación á Presidencia, Álvaro Díaz-Mella | Fonte: M. DYLAN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta