O PP, quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia con 39-40 escanos, segundo GAD3

Os 'populares' lograrían a súa quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia pese ao ascenso do BNG de 19 a 25 ou 26 deputados, pero non sumarían co PSOE, que caería de 14 escanos a 9 ou 10 actas no Parlamento galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O PP retería en Galicia a maioría absoluta cunha pinza de 39 a 40 escanos, segundo unha sondaxe encargada a GAD3 por Radio Televisión Española (RTVE) e a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA). Os 'populares' lograrían a súa quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia pese ao ascenso do BNG de 19 a 25 ou 26 deputados, pero non sumarían co PSOE, que caería de 14 escanos a 9 ou 10 actas no Parlamento galego.

O estudo de GAD3 atribúe aos populares unha porcentaxe de voto do 45,9 %, aos nacionalistas do 33 % e aos socialistas do 12,5 %. Segundo prognostica esta sondaxe electoral, Democracia Ourensana, o partido do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tería opcións de conseguir un escano ou non entrar no Pazo do Hórreo.

POR PROVINCIAS

O PP perdería un escano pola provincia da Coruña e pola de Lugo e quizais outro pola de Pontevedra ou se mantería, mentres que retería o oito deputados pola de Ourense. Pola súa banda, o BNG subiría de 7 a 9 deputados pola Coruña, de tres a catro pola de Lugo e pola de Ourense, e de seis a oito ou nove prazas pola de Pontevedra. Finalmente, os socialistas só se manterían na provincia de Lugo, mentres que perderían un deputado pola Coruña, entre un ou dous por Ourense e ata dous por Pontevedra.

Un home exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela
Un home exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta