(Vídeo) 18F.- Acislo Manzano, Lamazares, César Taboada e Manolo Paz, artistas galegos que amosan o seu apoio a Rueda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2024 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Catro artistas galegos manifestaron o seu apoio ao presidente e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, nun vídeo no que agradecen o apoio recibido polo Goberno autonómico nestes anos no "impulso á creación e difusión" da arte galego, e reivindican o "bo momento que vive" o tecido cultural de Galicia.

O escultor ourensán Acislo Manzano reivindica que "os artistas son valiosos para o Goberno" e que este, á súa vez, tamén o é para eles na medida en que "ofrece liberdade e apoio", o que para el constitúe "a esencia galega" e un elemento crave para poder traballar desde Galicia. "Non hai que ir a Nova York, nin a París, nin a Roma porque en Galicia temos o que esa xente non ten". E no que se refire ao presidente, afirma: "É unha gran 'roda' que nos fai rodar a todos nós".

Nesta mesma liña, o pintor lalinense Antón Lamazares considera que o programa de Rueda vai na liña de "multiplicar a cultura" e que supón tamén "defender a casa grande que é Galicia", do modo que, engade, "fixo no seu día Manuel Fraga". "O Goberno galego apostou claramente polas diferentes sensibilidades artísticas que hai en Galicia e asignou, por primeira vez en moito tempo, un papel fundamental aos ensinos de arte", sostén, pola súa banda, o tamén pintor César Taboada, lembrando a creación de novas escolas e centros artísticos "con todos os elementos da contemporaneidade". "Temos todo en Galicia, sen ter que saír de aquí", indicou.

Por último, o escultor cambadés Manolo Paz recoñece que todo o que pode dicir da xestión cultural do Goberno galego é positivo, na medida en que, no seu caso persoal, contou co apoio que precisaba para poder levar a cabo un proxecto "moi ambicioso" de expor a súa obra en tres lugares catalogados como Patrimonio da Humanidade.

Catro artistas apoian a Rueda nun vídeo difundido polo PPdeG
Catro artistas apoian a Rueda nun vídeo difundido polo PPdeG | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta