Incerteza ante o 18F en Galicia: así están as enquisas electorais a unha semana das eleccións

A maioría de enquisas apuntan que o PP mantería a absoluta mentres o BNG rompería o seu teito e o PSdeG baixa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2024 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Case todas as enquisas publicadas por varios medios de comunicación este domingo apuntan a que o PP de Alfonso Rueda mantería a maioría absoluta no Parlamento galego cunha estreita marxe, con 38 ou 39 escanos. Algunhas lle outorgan ata 41, aínda que hai unha --a de 40 db difundida polo Grupo Prisa-- que lle dan un chan de 36, a dous da absoluta.

O BNG de Ana Pontón, pola súa banda, continúa á alza e rompería o seu teito ao alcanzar un resultado histórico con entre 21 e 26 deputados; mentres que o PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro resentiríase en porcentaxe de votos e baixaría lixeiramente con respecto aos 14 escanos obtidos en 2020, ao ter entre 11 e 14.

Ademais, dous deste sete estudos danlle un deputado a Democracia Ourensá, o partido do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; mentres que só unha dá posibilidades a Sumar de obter entre 0 e 2 asentos. Pola contra, ningunha das publicadas este domingo contempla que Vox e Podemos obteñan representación.

Todo iso a falta de que este luns, último día para publicar enquisas en Galicia, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) divulgue o seu terceiro estudo para as autonómicas, despois das dúas primeiras que apuntaban a unha perda da maioría absoluta por parte do PP.

Alfonso Rueda, Ana Pontón e  José Ramón Gómez Besteiro / Europa Press / Europa Press / Europa Press
Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro / Europa Press / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Que tenhem nos seus miolos muitos dos avós e pais galegos que lhe dam o voto a quem expulsa aos seus filhos do País, condenando-os a emigraçom. Com os governos de Frijol tivérom que emigrar mais de 300.000,.- galeg@s senom queriam morrer com a miséria. E ainda há gente que lhes entrega o seu voto!