O BNG busca o voto dos chineses que viven en Galicia: "Somos un país diverso que quere avanzar"

Felicita en idioma chinés o Novo Ano do Dragón de madeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2024 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego lanzou un vídeo en idioma chinés este 10 de febreiro para felicitar o inicio do Novo Ano do Dragón de madeira a unha comunidade que en Galicia supera as 3.250 persoas segundo datos do INE correspondiendes ao padrón de 2022.

"Felicidades e feliz ano do Dragón de madeira! Desde o BNG queremos felicitar a toda a comunidade chinesa que vive en Galicia", di en idioma chinés o vídeo difundido polas redes sociais do BNG "Somos un país aberto e diverso que quere avanzar a un futuro mellor", sinala o vídeo que termina cunha das imaxes da campaña de Ana Pontón e a lema de "presidenta".

O BNG, Felicita En Idioma Chinés O Novo Ano Do Dragón De Madeira: 'Somos Un País Diverso Que Quere Avanzar'. BNG/EP / Europa Press
O BNG, Felicita En Idioma Chinés O Novo Ano Do Dragón De Madeira: 'Somos Un País Diverso Que Quere Avanzar'. BNG/EP / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta