(Vídeo) O pim, pam, pum do ministro ao segundo de Feijóo: "Quixeron acabar con Besteiro e vai entrar pola porta grande"

Unha intervención de Óscar Puentes irrita ao voceiro popular Miguel Tellado a quen lembrou o seu pasado e a as súas formas de facer política.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 08/02/2024 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

A estratexia do PPdeG de meter na campaña galega as responsabilidades do Goberno central pola crise dos microplásticos non lle saíu nada ben ao seu principal impulsor, o voceiro do PP no Congreso e número dous de Feijóo, Miguel Tellado

O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. Diego Radamés - Europa Press
O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. Diego Radamés - Europa Press

E é que a comparecencia do ministro de Transportes irritou sobre maneira ao ex secretario xeral do PPdeG. Óscar Puentes utilizou parte da súa intervención para lembrar o xeito que ten Tellado de facer oposición e tamén tivo tempo para lembrar as súas orixes cando coqueteu a finais dos anos noventa co BNG de Xosé Manuel Beiras.

"É vostede un líder menor que pensa que berrando ten a razón", espetoulle Puentes quen tamén lembrou a estratexia do PPdeG de querer acabar coa vida política de José Ramón Besteiro, o candidato socialista á Presidencia da Xunta. Así, o ministro referiuse aos anónimos que mandou a líder do PP en Lugo, Elena Candia, para que investigaran a Besteiro. "Nin pola porta de atrás, nin pola porta de adiante van a sacalo vostedes da política porque vai entrar pola porta grande da Xunta de Galicia o vindeiro 18 de febreiro", rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta