Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 03/02/2024 | Actualizada ás 10:30
Hai un recuncho no concello de Ames que non podes perderte se queres pasar unha tarde entretida en familia e se buscas plans para facer con nenos. Chámase oficialmente carballeira de Paramuíño, e atópase ao lado do CEIP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído, pero xa ninguén lle chama así. Dende fai uns anos recibe o nome de Carballeira dos Trasgos, e é que se atopa habitada por seres das lendas e contos galegos. Un fermoso trasgo subido a unha árbore dá a benvida aos visitantes, que poden coñecer, ao mesmo tempo que se deleitan coa ducia de figuras de animaliños, os seus nomes en galego. Nomes tan fermosos como píntega, vacaloura, xoaniña, donicela, xeneta, bubela, bolboreta ou curuxa. Anímaste a buscalos todos?
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Declarado un incendio nunha nave en Santiago na que podería haber palla
- Atopan no río Anllóns o corpo dunha muller desaparecida en Carballo
- A inestabilidade regresa este luns a Galicia con descensos de temperaturas e choiva
- O programa 'SmartPeme' oferta esta semana tres talleres de ciberseguridade, mercadotecnia dixital e programación
- Diego Antelo, psicólogo: "Despois dun accidente de tráfico, as vítimas xa non son os falecidos, senón os que se quedan"
- Evacuado un tripulante ferido dun buque británico que navegaba fronte á costa galega