A Xunta censura os anuncios "surrealistas" de Ribera que están baseados en "invencións"

Sobre as "ideas radicais", Lorenzana afirma: "Temos que ser máis verdes pero non podemos nese camiño ser máis pobres"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2024 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia criticou este xoves os "anuncios electoralistas" da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e dos líderes socialistas, incluídos os galegos, uns anuncios que "rozan o surrealismo" e que se refiren a "problemas que o propio Goberno de Pedro Sánchez creou".

Así o manifestou, nunhas declaracións remitidas aos medios, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen acusou a Ribera e aos socialistas de "faltar á verdade".

Segundo detallou Lorenzana, a ministra "non se sabe o problema de Altri nin o problema do transporte eléctrico que ten Altri"; e fala de apoio a Alcoa cando o que fai é "baixar as axudas ás electrointensivas" con respecto ás axudas do ano anterior.

No caso das Pontes, Lorenzana censura que se fale "agora" dun segundo nó de transición enerxética "cando resulta que o que queda liberado e o que se está reclamando nas Pontes son 1.400 megawatts, e anuncian aos catro ventos 800 megawatts".

Respecto diso do hidroducto Guitiriz-Zamora, cuestionou a súa incorporación á planificación de Enagás, porque "a convocatorua xa está pechada, e non se pode nin se vai a abrir outra convocatoria en moitos meses".

MINISTRA DE "IDEAS RADICAIS"

Lorenzana concluíu que "é unha auténtica pena" que a ministra de Transición Ecolóxica faga "anuncios sen sentido algún, sen estar baseados en realidades senón en invencións" e para "problemas mal resoltos ou resoltos parcialmente" que o propio Executivo creou.

Así mesmo, a conselleira criticou que as "ideas radicais" de Ribera "teñan máis peso no Goberno" que o apoio á industria. "Evidentemente temos que ser máis verdes, pero non podemos nese camiño ser máis pobres, e iso é, parece, no que se empeñou o PSOE con Teresa Ribera e cos líderes socialistas, tamén os galegos, que apoian estas ideas radicais", sentenciou.

A vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, nunha rolda de prensa
A vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, nunha rolda de prensa | Fonte: César Argina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A esta menistra a "radicalidade" váiselle pola boca... Tíñades que vela pasear por Samil anunciando os millóns que pensa meter en mover o muro de Samil 20 metros... cara á carretera, que como todo dios sabe acaban de aprobar un PXOM no que se construirán alomenos 4 alturas en todo o frente litoral... E o alcalde falando de recuperar as dunas de Samil grazas aos millóns do seu amigo Pedro Sánchez... Romperán todo o muro para movelo escasamente 20 metros ! Un cristo de categoría para vender mellor os ApataHoteles ! Vergoña de xentes...