18F.- Lugo, A Coruña e Santiago, cidades elixidas por Besteiro, Pontón e Rueda para o inicio de campaña

Os candidatos de Sumar, Podemos e Vox optan por Cangas do Morrazo, a cidade herculina e Vigo, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Lugo, A Coruña e Santiago foron as cidades elixidas polos candidatos do tres principais partidos políticos galegos para dar o pistolezado de saída á campaña electoral con motivo das eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.

Na xornada na que arrinca carreira cara ás urnas, o presidente da Xunta e candidato popular á reelección, Alfonso Rueda, continuará coa súa axenda institucional, coa reunión semanal do Consello en San Caetano. En clave electoral, Rueda desprazarase a Lugo para participar nun mitin central xunto á presidenta provincial do PP e cabeza de lista por esta circunscrición, Elena Candia, e a responsable de Novas Xeracións, Nicole Grueira. A última parada do día faraa en Santiago de Compostela, onde participará na tradicional pegada de carteis que marca o arranque dos 15 días campaña. Será na Praza do Obradoiro ás 23,15 horas.

Pola súa banda, a líder do BNG e candidata da formación á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, participará pola mañá nun acto coas cabezas de lista da formación polo catro provincias galegas no Parque de Bonaval da capital galega. Xa pola tarde, ás 20,00 horas, abrirá a campaña no Campo da Leña da Coruña xunto a Mercedes Queixas, que concorre como número dous da lista por esta circunscrición, que encabeza a propia Pontón.

BESTEIRO ARRINCARÁ EN LUGO

O socialista José Ramón Gómez Besteiro, que se estreará como candidato á Xunta tras o seu regreso á primeira liña política, escolleu a súa cidade natal, a de Lugo, para o seu acto de arranque da campaña electoral. Ademais, el mesmo é a cabeza de lista do PSdeG pola provincia. Na Praza de Santa María estará acompañado pola viceseretaria xeral do PSOE e vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero. O acto terá lugar antes da pegada de carteis, que tamén realizará na propia cidade da Muralla.

SUMAR E PODEMOS

Pola súa banda, Sumar Galicia, coa aspirante á Xunta Marta Lois á cabeza, aposta por "un arranque diferente" e non elixirá ningunha das grandes cidades, senón que se desprazará á costa do Morrazo para a saída á campaña.

Ademais, a candidata de Podemos á Presidencia da Xunta, Isabel Faraldo, tamén escollerá A Coruña para o acto de pegada. En concreto, estará no Millenium, en Labañou.

VOX ESCOLLE A CIDADE DE VIGO

No caso da formación liderada por Santiago Abascal, a cidade escollida para o arranque da campaña será a de Vigo, onde a portavoz parlamentaria, Pepa Millán, arroupará ao candidato, Álvaro Díaz-Mella, tanto nun acto político como na propia pegada de carteis.

Os candidatos das eleccións do 18F / Europa Press - Arquivo / Europa Press
Os candidatos das eleccións do 18F / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta