A Xunta e a Fundación Naturgy colaboran na formación do alumnado de FP no sector enerxético

O conselleiro, Román Rodríguez e a directora xeral, María Eugenia Coroado, asinaron o acordo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2024 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación,FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora xeral da Fundación Naturgy, María Eugenia Coroado, asinaron unha adenda ao convenio de colaboración con Naturgy para cooperar no ámbito do sector enerxético na FP. Segundo informou a o Executivo galego, o acordo que se asinou este mércores, teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade dos mozos no ámbito da transición enerxética.

Román Rodríguez destacou a importancia de consolidar esta colaboración "que posibilita" que o alumnado da FP galega acceda aos coñecementos "máis actualizados" en sector que son punteiros e que ofrecen constantemente novas oportunidades laborais.

Pola súa banda, a representante de Naturgy destacou a importancia de consolidar colaboracións coa administración educativa para continuar co impulso e ampliar o programa de FP para a empregabilidade. O acordo inclúe o desenvolvemento do Programa de FP para a empregabilidade da Fundación Naturgy, que este curso se imparte nunha ducia de centros da comunidade que imparten ciclos de FP relacionados con estes sectores.

Nos seus oito módulos inclúese a formación sobre mobilidade sustentable, a rehabilitación e edificación sustentable, os gases renovables, a dixitalización de redes eléctricas, o asesoramento enerxético en contornas vulnerables ou o mantemento dos parques eólicos, entre outros.

Ademais deste plan, o convenio tamén inclúe o impulso da FP Dual e da realización de formación en centros de traballo para mellorar as competencias do alumnado de ciclos formativos, así como promover actuacións conxuntas para o desenvolvemento de proxectos de innovación nos centros educativos de FP.

Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo
Román Rodríguez. Foto Xoán Crespo. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta