Dous detidos por delitos de violencia de xénero en Santiago de Compostela

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

As últimas dúas madrugadas na capital galega rexistraron senllas detencións a dúas varios por delitos de violencia de xénero contra os seus ex parella e, unha delas, tamén por quebrantamento de condena ao non respectar a orde de afastamento.

Axentes da Policía Nacional detiveron pada únaa da madrugada do xoves, na zona de Belvís, a un home por violencia de xénero e quebrantamento de condena. A vítima denunciou novas ameazas e o home, que foi detido, pasou este venres a disposición xudicial, segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras da investigación. Pola súa banda, segundo recolle o parte da Policía Local de Santiago, ás 6,35 horas, axentes deste corpo detiveron por violencia de xénero a outro home por agredir ao seu ex parella.

Cartel contra a violencia de xénero
Cartel contra a violencia de xénero | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta