Campañas arqueolóxicas nun buque de guerra do século XVI permitiron recuperar centos de obxectos e pezas de cerámica

Dúas investigadoras do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Marta Moreno e Ana Crespo, imparten este xoves, ás 19.00 horas, na Fundación Exponav, unha conferencia sobre os resultados das campañas arqueolóxicas nun buque de guerra do século XVI.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 22/01/2024 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Dúas investigadoras do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Marta Moreno e Ana Crespo, imparten este xoves, ás 19.00 horas, na Fundación Exponav, unha conferencia sobre os resultados das campañas arqueolóxicas nun buque de guerra do século XVI. Farano baixo o título 'Estudo histórico e arqueolóxico do Pecio Ribadeo I (San Giacomo dei Galiza, 1597): unha investigación interdiscipinar', convidadas pola cátedra Jorge Juan que dirixe a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Sonia Zaragoza.

Pecio Ribadeo I (San Giacomo dei Galiza, 1597)
Pecio Ribadeo I (San Giacomo dei Galiza, 1597) | Fonte: UCIG Proxectos - Arquivo

Ao longo da súa presentación, as investigadoras analizarán os resultados obtidos tras as campañas arqueolóxicas realizadas nos últimos anos neste xacemento e que permitiron recuperar centos de obxectos como pezas de cerámica, metais ou anacos de madeira. Foi en novembro de 2011, durante o dragado da canle de acceso ao porto de Mirasol en Ribadeo, cando se localizaron os restos estruturais de madeira pertencentes ao casco do que podía ser unha embarcación do século XVI.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta