Investigan a caída dunha moza desde o cuarto piso dun edificio en Carballo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2024 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a caída dunha moza de 25 anos de idade desde o cuarto piso dun edificio situado na avenida Finisterre de Carballo, na Coruña.

Segundo informaron fontes da investigación, o suceso tivo lugar ás 10,55 horas e a moza, que estaba semiinconsciente, foi evacuada nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). As primeiras hipóteses apuntan a que puido deberse dunha caída "fortuíta", tal e como indicaron estas fontes.

Ao lugar, ademais da Garda Civil, desprazouse a Policía Local e os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia.

Imaxe de axentes da Garda Civil. GARDA CIVIL - Arquivo
Imaxe de axentes da Garda Civil. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta