Lores anuncia que Pontevedra celebrará o Entroido "en toda a súa dimensión"

"O mellor entroido urbano de Galicia non se pode deixar de celebrar, sobre todo porque ten un compoñente importante de dinamización da cidade", destacou este martes o alcalde de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou este martes que "vai haber Entroido en toda a súa dimensión" na cidade, isto é con "desfile, charangas, parodias, papagaio, festa pirata, etcétera", engadiu.

"O mellor entroido urbano de Galicia non se pode deixar de celebrar, sobre todo porque ten un compoñente importante de dinamización da cidade", destacou este martes Lores despois de que el mesmo sementase dúbidas nos últimos días sobre a organización do entroido pola falta de partidas económicas a consecuencia da prórroga do orzamento.

Lores agradeceu a todo o equipo de xestión orzamentaria porque "se lle buscou un encaixe" para atopar financiamento para esta festa popular cuxa programación será presentado nos próximos días.

O alcalde non facilitou o dato da canto ascende este ano o orzamento do entroido aínda que comentou que crecerá respecto da cantidade consignada o pasado ano. Tampouco precisou de onde saíu ese diñeiro: "Pois se sacou de partidas que non tivemos que reter". Unha vez máis o rexedor nacionalista insistiu no argumento de que "o feito de non ter uns orzamentos vai paralizar unha serie de xestións".

RESPOSTA DO PP

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, saíu ao paso do este anuncio do alcalde para sinalar que, ao seu xuízo, trátase de "unha falta á intelixencia dos pontevedreses", xa que: "Todos sabiamos que ía haber Entroido".

Rafa Domínguez asegurou que Miguel Anxo Fernández Lores "está a vender un victimismo" que cre que "é esaxerado". "É unha falta de respecto dicir que agora atopou unha partida para que haxa entroido cando fai catro días estaba en dúbida".

Para o portavoz popular no goberno local, "está claro é que están a traballar á esculca do gran de millo, están a traballar sen criterio", unha situación "precaria" que Rafa Domínguez atribúe a que o alcalde e o seu oito concelleiros "non dan abasto para facer as cousas que teñen que facer".

RESPOSTA DO PSOE

"Neste asunto e en tantos outros, desgraciadamente, o grupo municipal do BNG parece cada vez máis unha charanga, porque todos sabiamos que ía haber entroido", respondeu o portavoz do PSOE, Iván Puentes.

Para os socialistas, o que fixo o alcalde nestes días foi "escenificar unha crise ficticia para asustar, para criminalizar" e para "deixar ao Partido Socialista como un partido que obstruye o labor do goberno".

Iván Puentes reiterou que o Concello de Pontevedra estivo o pasado ano cun orzamento prorrogado e "non se perdeu nin unha soa obra, nin unha soa subvención" e tampouco quedaron festas sen celebrar, polo que enmarcou o discurso do alcalde nunha "estratexia para tentar infundir medo".

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante unha moción de confianza, no Concello de Pontevedra, a 8 de xaneiro de 2024, en Pontevedra, Galicia (España). O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores presentou unha moción. Beatriz Ciscar - Europa Press
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante unha moción de confianza, no Concello de Pontevedra, a 8 de xaneiro de 2024, en Pontevedra, Galicia (España). O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores presentou unha moción. Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta