Oito meses de liberdade vixiada para un neno de 14 anos que insultaba e maltrataba fisicamente a dúas compañeiras de clase

Este acoso provocou que as menores deixasen de ir a clase para evitar enfrontarse ao seu compañeiro empregando diversas escusas ante a súa familia. Así, o seu rendemento escolar empezou a decaer e tiveron que recibir tratamento tanto piscolóxico como psiquiátrico, con episodios de medo e grande ansiedade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra ratificou a condena a 8 meses de liberdade vixiada imposta a un menor de 14 anos por acosar, insultar e vexar, chegando mesmo a agresións físicas, a dúas compañeiras de clase. O tribunal pontevedrés denegou o recurso presentado pola defensa do menor, que deberá tamén indemnizar ás vítimas con máis de 7.000 euros polas consecuencias dos seus actos, que se prolongaron durante o curso escolar 2020/21 e o seguinte.

Na súa sentenza, que é firme ao non caber a presentación de recurso algún, a Audiencia Provincial mantén a condena imposta en primeira instancia por dous delitos de acoso e outros dous delitos leves de malos tratos. O menor, xunto con outro compañeiro que figurou como investigado pero contra o que foi arquivada a causa, dedicaba insultos como "gorda", "fea", "parva" ou "estúpida" ás dúas vítimas, coas que compartía centro e que necesitaron tratamento psicolóxico e psiquiátrico por culpa do comportamento do alumno condenado.

A sentenza tamén recolle que chegaron a ser pateadas ou sufrir zancallidas, ademais de padecer comentarios vexatorios de índole sexual que o acosador tamén vertía en redes sociais, onde entraba nos directos que as vítimas facían en Instagram. Ademais, tamén se mofaba dos gustos das compañeiras, ás que ridiculizaba por ser fans da estética 'otaku', que relacionaba de forma pública con falta de hixiene.

Este acoso provocou que as menores deixasen de ir a clase para evitar enfrontarse ao seu compañeiro empregando diversas escusas ante a súa familia. Así, o seu rendemento escolar empezou a decaer e tiveron que recibir tratamento tanto piscolóxico como psiquiátrico, con episodios de medo e grande ansiedade.

Mozo, estudante, que pode ser obxecto de abuso ou bullying no instituto
Mozo, estudante, que pode ser obxecto de abuso ou bullying no instituto | Fonte: Pixabay - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta