Listado de praias con microplásticos. De norte a sur, xa hai 48 concellos afectados e 150 areais tocados polos pélets

Esta é a información recollida en mapas públicos compartidos polos propios voluntarios a través dos grupos de WhatsApp e Telegram creados para organizar as labores de limpeza.

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 08/01/2024 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A crise dos pélets está a supoñer un verdadeiro problema que se vai das mans. Na realidade son os propios voluntarios e persoas do común os que están a limpar as praias, como poden, cos seus propios medios e sen saber moi ben o que facer con eses pélets unha vez recollidos. Así as cousas, xa son 48 concellos e 150 praias nas que se notificou a aparición de pélets ata o momento, aínda que poderían ser máis, pois os reportes estanse a facer en grupos de WhatsApp e Telegram nos que se comparte información por parte das persoas que se achegan aos areais. A sociedade civil, sen dúbida, estase a volcar nesta crise, como xa o fixo durante a do Prestige.

Pélets atopados na praia de Boa, a 13 de xaneiro de 2024, en Noia
Pélets atopados na praia de Boa, a 13 de xaneiro de 2024, en Noia | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

O GROVE:

- Praia de Area Grande: O último día de recollida de pélets foi o pasado domingo, por parte de voluntarios, que ao rematar a súa labor deixaron a praia limpa. Despois de realizar a recollida e coalos e filtralos con auga, equipos de Proteción Civil ían recollelos. O 112 está avisado.

- Praia de Castiñeiras: Os voluntarios afánanse en recoller os pélets dende o pasado domingo, coas súas propias mans, non está avisado aínda o 112. Sen máis información.

- Praia Mexilloeira: Nesta praia resulta moi difícil a recollida de pélets porque está chea de algas onde se quedan enredados e hai moitas pedriñas pequenas do tamaño dos microplásticos, polo que son moi difíciles de diferenciar. Os voluntarios organizados dende o pasado domingo limpárona dun lado a outro, pero aseguran que de seguro quedaron moitos atrás e que é necesario continuar. O 112 está avisado. A separación dos pélets fíxose con espumadeiras, caldeiros de agua e palas. Tras separados, deixáronos na entrada da praia en bolsas todas xuntas para que o 112 ou Proteción Civil os recollese.

Voluntarios participan na recollida de pellets de plástico nunha praia de Muros
Voluntarios participan na recollida de pellets de plástico nunha praia de Muros | Fonte: ELENA FERNÁNDEZ - Arquivo

- Praia das Pipas: Máis voluntarios organizáronse e deixaron a praia limpa o domingo, varrendo, cribando e logo deixándoos frotar en auga para recollelos. O 112 está avisado. Sen máis información.

- Praia de Rons: Peneirando os voluntarios lograron deixar a praia limpa de pélets o domingo pola tarde. O 112 está avisado. Sen máis información.

- Praia de Pateiro: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Barcela: Un saco enteiro. Sen máis información.

- Praia da Lanzada: Pélets esparexidos pola area, bastantes, na liña da marea e entre as algas. Non hai contedores específicos e os voluntarios están a realizar as tarefas de limpeza con capachos e facendo que os pélets froten na auga, así como con coadores, para logo desbotalos en bolsas. Tamén houbo persoal da administración e de Medio Ambiente recollendo. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos.

- Praia de Carreiro: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia do Carreiriño: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

NIGRÁN:

- Praia da Madorra: Pélets dispersos e misturados con algas e outros restos, polo que son difíciles de separar. O último día de limpeza foi o pasado domingo pola tarde, pero só lograron recoller menos dun quilo de pélets, da superficie situada ao norte da praia. Queda moito por limpar. Polo momento só se sabe que hai voluntarios encargándose das tarefas de limpeza e aínda non foi avisado o 112.

- Praia de Prado: Pélets presentes. O último día de recollida neste areal tamén foi o domingo, por parte de voluntarios, e o 112 aínda non recibiu o aviso. Sen máis información.

- Praia de Patos: Varias xornadas de limpeza organizadas polo Concello de Nigrán coa colaboración da AEESP. Sen máis información.

VIGO:

- Praia de Canido: Os voluntarios ataviados con luvas e pinza tentan recoller os pélets que se atopan entre as algas. O 112 está avisado. Sen máis información.

- Praia de Samil: Hai pélets na praia, moi mesturados coa area mollada, o que dificulta as labores de recollida. O Concello puxo contedores específicos para desbotalos e os voluntarios estanos a recoller manualmente, con peneiras e verténdoos en cubos de auga. Están espallados pola area. Uns voluntarios aseguran que no espazo no que estiveron a recoller, de entre uns 10 e 15 metros cadrados, apañaron un par de presas.

- Praia da Calzoa: Hai pélets na praia, sen contedores específicos. Sen máis información.

- Praia do Vao: Hai pélets na praia que están enredados nas algas. É pouca cantidade, non hai contedor específico e o 112 está avisado.  Sen máis información.

CANGAS DO MORRAZO:

- Praia de Nerga (Viñó): Voluntarios recollen cos seus propios medios os pélets esparexidos pola praia. O 112 está avisado da chegada dos pélets pero non hai contedor específico para desbotalos. Luvas, coadores e un cubo de auga son as ferramentas que se están a empregar. Aseguran que están moi enredados entre as algas. O domingo pasado xa houbo unha limpeza de voluntarios, pero seguen sen recollerse os pélets por parte de ningunha asociación. O Concello tamén está a organizar limpezas.

- Praia de Melide (Donón): Hai pélets na praia, sen contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de Barra: Hai pélets na area, o 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Sen máis información.

BUEU:

- Praia de Tuia: Nesta praia da parroquia de Beluso tamén se están a organizar voluntarios para a recollida, con coadores e auga, separando as algas dos pélets. O 112 non está avisado nin hai contedores específicos para desbotalos. Sen máis información.

- Praia de Ancoradoiro (Cabo Udra): Hai pélets na praia e era difícil recollelos polo mal estado da mesma. Segundo os voluntarios, parecía un vertedoiro, e podíase recoller lixo de todo tipo, non só pélets. O Concello puxo contedores específicos e o 112 está avisado. O tipo de area que ten esta praia tamén dificulta a recollida. Os voluntarios aseguran que polo grosor da area foi difícil atopar os pélets de primeiras, e que estaban máis concentrados na parte esquerda da praia. Con capacho e recollida por flote foron facendo a limpeza. Aseguran que pola cantidade de restos orgánicos, outros plásticos e o tipo de area da praia a recollida é case imposible.

A ILLA DE AROUSA:

- Praia da Area da Secada: Tras a limpeza con coadores por parte de voluntarios xa non hai pélets. O 112 está avisado, pero non se puxeron contedores específicos para desbotar o material. Sen máis información.

- Praia de Carreirón: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Con do niño do Corvo: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Xastelas: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Grandín: Os pélets están entre as algas e hai persoas voluntarias que os están a recoller manualmente, un a un. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Polo de agora a cantidade de microplásticos chegada a esta praia é pouca.

RIBEIRA:

- Praia do Vilar: Os pélets estaban en diferentes puntos e dispersos este domingo, aínda que especialmente concentrados na zona da cabeza da marea. Ademais de pélets tamén había lixo. As algas enrédanse moito aos pélets. Por outro lado, á luz do sol e coa claridade os pélets son díficiles de ver ben, mentres que os voluntarios aseguraban que proxectando sombra sobre a area enseguida os localizaban. O utensilio que mellor lles funcionou foi o coador de cociña. O 112 está avisado. O Concello puxo contedores específicos. Tamén houbo persoal de Tragsa colaborando na limpeza.

- Praia de Espiñeirido: Gran cantidade de pélets esparexidos pola area e 52 sacos enteiros recollidos. Os voluntarios usan coadores feitos con mallas e caixas para filtrar os microplásticos, que non son tan abundantes como en días anteriores e se atopan moi dispersos. Tamén hai persoal de Protección Civil colaborando. O 112 non está avisado nin hai contedores específicos.

- Praia de Balieiros: Hai pélets na praia, algunhas liñas á esquerda do areal. Os voluntarios afirman que recolleron moita basura plástica sen ser pélets e aínda había microplásticos que quedaban sen recoller. Os voluntarios axúdanse de capachos e coadores porque a area estaba moi mollada coa marea alta. As rochas tamén teñen pélets. Non hai contedores específicos para desbotalos.

- Praia de Corrubedo: Sacos enteiros. Sen máis información.

- Praia da Area Basta: Hai pélets na praia e o concello puxo contedores específicos para que os voluntarios os desbotasen. Sen máis información.

- Praia de Coroso: Hai poucos pélets e están entre as algas, polo que é moi difícil a súa recollida. O 112 non está avisado. 

- Praia do Faro: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia das Barreiras: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Están a ser recollidos a man, cun recolledor, por voluntarios. O Concello puxo contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de Ladeira: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia da Ribeira do Prado: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia da Tasca (Aguiño): Hai pélets na praia, entre as algas. Os voluntarios válense dunha pequena vasoira e van separando os microplásticos da area por flotación, nun capacho. O Concello puxo contedores específicos. Polo de agora a cantidade de pélets atopada nesta praia é pequena.

RIANXO:

- Praia de Tanxil: Hai pélets na praia, sen contedores específicos para a recollida. 

A POBRA DO CARAMIÑAL:

- Praia de Laxe: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Praia de Corna: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Praia da Illa: Hai pélets na praia, entre a area, as rochas e as algas. Están recollendo persoas voluntarias e persoal de Tragsa. O 112 está avisado e non hai contedores específicos. Sen máis información.

PORTO DO SON:

- Praia de Seráns: Hai voluntarios recollendo, pero polo momento o 112 non está avisado. Sen máis información.

- Praia das Furnas: Tamén hai voluntarios recollendo e o 112 está avisado. Hai unha grande cantidade de pélets nas rocas. Os voluntarios están a limpar manualmente, con luvas e coadores. A carón dos contedores do campo de fútbol estanse a deixar as bolsas co recollido. O 112 non facilitou outro lugar onde depositalos, a pesar de que os voluntarios aseguran que chamaron varias veces. Os pélets están moi esparexidos ao longo de toda a praia.

- Praia de Queiruga: A cantidade de pélets na praia é inmensa. Apareceron dous arroaces mortos, non se sabe se relacionados co acontecido ou non. O 112 está avisado e os voluntarios afánanse en recoller as maiores cantidades posibles de pélets con coadores, peneiras, vasoiras e recolledores. Tamén hai persoal da administración e os microplásticos están a ser retirados por Adentia Marina (empresa portuguesa) contratada pola cargueira do buque responsable da vertedura. Non hai contedores específicos.

- Praia do Castro de Baroña: Os voluntarios recollen pola súa conta, non está avisado o 112. Sen máis información.

- Praia de Cabeiro: Este mesmo luns os voluntarios organizáronse para recoller os pélets con cepillo e recolledor, capachos de auga e coadores para realizar o filtrado. Seguiron ao longo da semana. Aseguran que toda a praia estaba chea de boliñas, moi espalladas, tanto na area como entre as algas. O 112 está avisado e non hai contedores específicos. Os voluntarios avisan de que viron a bandadas de paxaros a comer entre as algas, na liña na que estaban os pélets.

- Praia da Aguieira: Os pélets están moi dispersos, atópanse especialmente na liña das algas. O 112 non está avisado. Sen máis información.

- Praia de Langaño: Pélets esparexidos e máis acumulados xunto á liña da marea. Non había moitos. Con peneiras e tinas os voluntarios ían facendo o filtrado. O 112 está avisado, pero non había colector específico. Sen máis información.

- Praia de Sarrosa: Pélets esparexidos na area. Sen máis información.

- Praia de Coira: Pélets esparexidos pola area na liña da marea. Son bastantes e están moi dispersos, habendo algúns xa debaixo da area. Segundo apuntan os voluntarios, segue a haber a mesma cantidade de pélets que o pasado martes, a pesares das tarefas de limpeza realizadas estes días sobre o areal. Os voluntarios están usando vasoiras e coadores. Non hai contedores específicos.

- Praia das Gaivotas: Pélets esparexidos pola area na liña da marea. Os voluntarios estiveron recolléndoos a man, un a un e usando peneiras, e cando marcharon xa quedaba limpa, pero este domingo volve presentar uns poucos microplásticos. Recolleron moi poucos, menos dun puñado, e non descartan que as mareas traian máis. Non hai contedores específicos para depositar os microplásticos recollidos.

- Praia da Arnela: Pélets esparexidos pola area na liña da marea. Sen máis información.

- Praia do Cruceiro: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Praia de Basoñas: Hai pélets na praia, na area e entre as algas, afectando a animais, segundo os voluntarios. Non hai contedores específicos e o 112 non está avisado. Están sendo recollidos por voluntario e a empresa Ardentia Marine, contratada polo cargueiro do buque. O persoal desta empresa usa vasoira e recolledor, mentres os voluntarios fan filtración pola técnica de flotación.

- Praia Areas Longas: Hai pélets na praia, sen contedores específicos e co 112 avisado. Sen máis información.

- Praia da Catía: Hai pélets na praia, en bastante cantidade. O 112 non está avisado e tampouco hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia das Seiras: Hai pélets na praia espallados pola area, nas liñas das mareas. O 112 está avisado. Os voluntarios están a recollelos á man, con luvas e coadores. A empresa Ardentía, contratada pola asegurado da armadora do barco, tamén está na zona. Os operarios están a usar vasoira e recolledor. Os pélets recollidos estanse a depositar nun espazo acordado co Concello, a carón do aparcadoiro.

- Praia do Castro de Baroña: Hai pélets na praia, na area. Hai voluntarios e xente con chalecos laranxas recollendo. Non hai contedores específicos. Sen máis información.

NOIA:

- Praia de Boa Grande: Abundancia de pélets esparexidos pola liña da marea, na area. Os voluntarios estanos a recoller coa man, con capachos e coadores. As bolsas que se ían enchendo foron levadas por Protección Civil. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos para recoller os pélets.

- Praia de Boa Pequena: Abundancia de pélets esparexidos pola liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Taramancos: Poucos pélets. Sen máis información.

OUTES:

- Praia de Broña: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea e entre as algas. A praia é moi grande e a densidade do material moi pequena. Os voluntarios estanos limpando un a un, a man, aproximadamente un quilo. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de Siavo: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

MUROS:

- Praia do Portiño do Maio (Esteiro): Dúas gaivotas mortas, non se sabe se garda relación coa contaminación por pélets. O 112 está avisado, pero ao ser preguntado sobre onde o voluntarios debían tirar os pélets e outros plásticos atopados dixéronlles que non tiñan ningunha orde ao respecto. En 10 metros os voluntarios aseguran que recolleron uns 10-15 gramos, nunha hora, xa cribados e secos. Non hai contedores específicos.

- Praia do Espadanal: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Bornalle: Poucos pélets. Sen máis información.

- Praia de Area Maior: Un saco de pélets intacto e máis pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Coido: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

CARNOTA:

- Praia de Caldebarcos: Os pélets están bastante dispersos e non se ven con facilidade. Atópanse sobre todo nas liñas que deixa a marea ao baixar, nas algas. O 112 non está avisado e os voluntarios recollen como poden. Sen máis información.

- Praia de Lariño: Un saco íntegro de pélets e máis pélets esparexidos pola praia. Sen máis información.

- Praia de Carnota: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia do Mar de Lira / Faro de Lira: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Portocubelo: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Carballiños de Quilmas: É unha praia pouco frecuentada, polo que non se lle presta moita atención. É necesario, segundo din os voluntarios, darlle importancia a este tipo de praias descoñecidas, xa que nin os concellos as teñen en conta. Non hai contedores específicos e o 112 non está avisado.

- Praia Ximprón: Hai pélets na praia, na area e na auga. Non hai contedores específicos para a recollida. Polo momento indican que son poucos os microplásticos. Sen máis información.

CEE:

- Praia de Ameixenda: Os voluntarios afánanse nas recollidas. O 112 está avisado. Sen máis información.

- Praia de Gures: Un saco enteiro de pélets e máis pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia do Rostro: Hai pélets na praia e apareceu un arroaz morto polo menos. Non hai contedores específicos nin está avisado o 112. 

LAXE:

- Praia de Traba: Nesta praia ás recollidas organizadas polos voluntarios feitas a man e con coadores súmase Proteción Civil. O 112 está avisado. Sen máis información.

- Praia de Soesto: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

- Praia de Arnado: Pélets moi dispersos na area, non hai contedores específicos e o 112 está avisado. Sen máis información.

CABANA DE BERGANTIÑOS:

- Praia de Rebordelo: A xente da zona está a realizar cribas. Non hai contedor específico, así que os voluntarios están deixando os pélets no contedor amarelo, dentro de bolsas de plástico. O 112  non está avisado. Sen máis información.

ARTEIXO:

- Praia de Combouzas: Os voluntarios tamizan cuns escurridores e un capacho con auga para separar as cunchas e outros restos dos pélets. O 112 está avisado. Non hai contedores específicos así que estanse a acumular en bolsas do lixo xunto ao posto dos socorristas. Sen máis información.

- Praia de Valcovo: Había un golfiño morto, non se sabe se garda relación coa contaminación por pélets. Os voluntarios organizan recollidas con capachos de auga e escurridores. Non está avisado o 112 nin hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de Caión: Hai pélets na praia difíciles de recoller. Apareceu unha gaivota morta. Os voluntarios aseguran que os pélets son poucos e que hai máis plástico ca pélets. Sen máis información.

- Praia de Barrañán: Hai pélets na area, na zona de algas, moi esparexidos e é difícil velos. Mesmo coa marea alta hai grandes cantidades, segundo afirman os voluntarios. Sen contedores específicos e o 112 está avisado. Os voluntarios xa convocaron xornadas de limpeza da praia e van escollendo os pélets con escoba e coa propia man. Tamén hai persoal da administración limpando.

A CORUÑA:

- Praia de Orzán: Os voluntarios, co 112 avisado, recollen como poden, á man e deixando os pélets nunha bolsa no contedor amarelo. Sen máis información.

- Praia das Lapas: Os voluntarios, co 112 avisado, recollen coas mans e capachos. Sen máis información.

- Cala O Portiño: Abundancia de pélets esparexidos pola liña da marea. Sen máis información.

- Praia do Matadeiro: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea, son poucos e moi dispersos. O Concello puxo contedores específicos e o 112 está avisado. Polo momento non se viu a ninguén recollendo que non fosen voluntarios. Sen máis información.

- Praia de San Amaro: Hai pélets na praia, na area e entre as algas. Os voluntarios usan un escobón e un cubo de xardinaría e van varrendo a area e retirando as algas, como tamén o fai o servizo especial posto polo propio Concello. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Polo momento a cantidade de microplásticos é moderada. Un voluntario asegura que atopou un arao (tipo de paxaro protexido) morto, outro en terra sen forzas e con espasmos e outro flotando inerte na auga, e afirma que o arao é especialmente sensible aos pélets porque se alimenta de fauna mariña.

- Praia de Oza: Hai pélets na praia, na area e na auga, ciscados pola area e van chegando máis da marea, pero non en grandes cantidades polo momento. Hai voluntarios recollendo un por un a man. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. 

MIÑO:

- Praia de Perbes: Tras a labor realizada este domingo polos voluntarios xa non hai pélets. Con cubetas, palas e coadores lograron deixar a praia limpa. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia Grande: Hai pélets na praia, entre as algas, difíciles de recoller, tamén presentes na auga. Non está avisado o 112 nin hai contedores específicos. A cantidade, polo momento, é escasa. Sen máis información.

ARES:

- Praia de Chanteiro: Os voluntarios atopáronse con dous sacos cheos de pélets e un delfín morto, non se sabe se garda relación coa contaminación por pélets. Non hai contedores específicos para a recollida, a pesares de que o 112 está avisado, así que estanse a deixar as bolsas na saída da praia. Tamén hai persoal de Tragsa traballando na zona. Os voluntarios están limpando manualmente, con vasoiras, palas, cubos e mesmo a man, un a un. As bolsas recollidas están sendo levadas polos operarios de Tragsa. Había bastante cantidade na zona das mareas máis alta, no resto había o que os voluntarios consideraron 'normal'. 

- Praia de Ares: Hai pélets na praia, na area e entre as algas. O 112 está avisado pero non hai ninguén recollendo nin contedores específicos. Polo momento a cantidade de microplásticos é pouca. Sen máis información.

NARÓN:

- Praia de Narón: Hai pélets e ninguén recollendo polo momento. O 112 non está avisado aínda. Sen máis información.

FERROL:

- Punta Penencia: Os voluntarios recollen os pélets con coadores de cociña, recollendo todo o plástico en bolsas de basura e depositándoas nos contedores. O 112 non está avisado. Sen máis información.

- Praia de Doniños: Os voluntarios recollen os pélets á man, botándoos nun coador e remollando en agua para limpar a area. O 112 xa está avisado. Moitos pélets son díficiles de recoller porque están misturados coas algas. As bolsas estanse a deixar nos poucos contedores que hai no aparcadoiro da praia. O persoal de Urbaser ao comezo da crise empregou sopladores que aínda espallaron máis os pélets, logo continuaron con vasoira e recolledor. O recollido foi levado por algúns destes traballadores de Urbaser. 

- Praia do Vilar: Con coadores e guantes os voluntarios recollen o que poden. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de Esmelle: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Santa Comba: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Ponzos: Pélets esparexidos pola area. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Os voluntarios están usando recolledor e vasoira para a retirada. Polo momento os microplásticos son poucos e están moi esparexidos, sobre todo onde o mar deixa os restos das algas, na liña das mareas. Os voluntarios denuncian que moita xente non está a separar correctamente os pélets da materia orgánica. 

- Praia de Cariño: Pélets e millóns de microplásticos, segundo os voluntarios, esparexidos polas rochas, o que dificulta a súa recollida. Os voluntarios aseguran que hai animais mortos e que non hai contedores específicos. O 112 non está avisado. Sen máis información.

MAÑÓN:

- Praia de Esteiro (O Barqueiro): Hai pélets na praia sen contedores específicos. O 112 non está avisado. Sen máis información.

- Praia de Bares: Hai pélets na area e nas rochas, polo de agora son poucos. Están a ser recollidos manualmente, un a un, polos voluntarios, e tamén con vasoiras e tamices. Non hai contedores específicos. Segundo os propios voluntarios, a densidade aproximada sería duns 10 ou 15 pélets por metro liñal de marca mareal. O 112 está avisado.

VALDOVIÑO:

- Praia do Campelo: Os voluntarios recollen a man con peneira e cernidores os pélets, na area, entre as rochas, entre as algas e mesmo na auga. O Concello puxo contedores específicos para desbotar os pélets. O 112 está avisado. O Concello dá kits de limpeza ás persoas voluntarias e o persoal leva tamén unha aspiradora especial. Tamén hai xente de Protección Civil traballando na zona.

- Praia de Porto Carrizo: O 112 está avisada da chegada dos pélets a esta praia. Algunha persoa recolle con bolsas. Sen máis información.

- Praia Lago: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Praia A Frouxeira: Hai pélets na praia, na area e entre as algas. Houbo voluntarios recollendo cun capacho de agua e un coador. Non hai contedor específico para desbotalos. A cantidade polo de agora é pouca. Sen máis información.

- Praia do Baleo: Hai pélets na praia, na area e entre as rochas. Hai voluntarios recolléndoos a man. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Sen máis información.

ORTIGUEIRA:

- Praia da Concha: Xente do BNG e Proteción Civil recollen pélets con luvas e bolsas. O 112 está avisado. Non hai contedores específicos. Sen máis información.

- Praia de San Antón (Espasantes): Pélets esparexidos pola area, en pequenas cantidades e moi espallados. Están nas rochas, na auga e nas algas. Non hai contedores específicos. Tampouco se avistou a ninguén recollendo. Sen máis información.

- Praia do Bimbieiro (Céltigos): Pélets esparexidos pola area, na liña da marea, aínda que non en grandes cantidades. Moitos enredados nas algas e tamén presentes na auga. As persoas que van pasear vanos recollendo, xunto a voluntarios. Non hai contedores específicos. Sen máis información.

OLEIROS:

- Praia de Mera: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Espiñeira: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

SADA:

- Praia de Sada: Hai pélets na praia. Sen máis información polo de agora.

- Praia de Morazón: Os voluntarios limparon a praia de pélets a base de escoba, recolledor, coadores e capachos de auga. O 112 está avisado e o Concello puxo contedores específicos. Os voluntarios que foron varios días a recoller os microplásticos aseguran que a cantidade varía segundo as mareas. 

MALPICA DE BERGANTIÑOS:

- Praia das Torradas: Pélets esparexidos pola area, na liña de marea. Sen máis información.

- Praia de Area Maior: Hai milleiros de pélets na praia. Sen ninguén que os está recollendo nin contedores específicos. Sen máis información.

PONTECESO:

- Praia de Balarés: Pélets esparexidos pola area. Sen máis información.

- Praia da Barda: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

FISTERRA: 

- Praia de Mar de Fora: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. O 112 está avisado e non se avistou a ninguén recollendo. Sen máis información.

- Praia da Langosteira: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea, e tamén entre as algas. O 112 está avisado. Hai voluntarios e persoal de Protección Civil facendo as labores de limpeza. Os voluntarios aseguran que hai milleiros de pélets na area, pero moi espallados entre si, o que dificulta as tarefas de retirado.

CAMARIÑAS:

- Praia de Reira: Abundancia de pélets pola area. Sen máis información.

RIBADEO:

- Preto da Praia das Catedrais: Abundancia de pélets pola area. Sen máis información.

CERVO:

- Praia de Cervo: Pélets esparexidos nun camiño ao carón do mar. Sen máis información.

BURELA:

- Praia de Marosa: Pélets esparexidos. Sen máis información.

CARBALLO:

- Praia da Arnela (preto da Praia de Baldaio): Pélets dispersos pola area e entre as pedras, en bastante cantidade e distribuídos por toda a praia. O 112 non está avisado e os voluntarios recollen manualmente, con capachos e coadores. Non hai contedores específicos para desbotar os microplásticos.

- Praia de Razo: Pélets dispersos pola area e entre as pedras. Sen máis información.

- Praia Pedra do Sal: Pélets dispersos pola area e entre as pedras. Sen máis información.

BARREIROS:

- Praia de Lóngara: Pélets esparexidos. Sen máis información.

- Praia de Arealonga: Non hai moita cantidade de pélets, pero si se vén máis na liña da baixada da marea. Non hai contedores específicos. Sen máis información.

A GUARDA:

- Praia de Area Grande: Hai pélets na praia, non moitos aínda. Os que hai son difíciles de ver por como é a area. Un voluntario asegura que sacou uns 20 en dous metros cadrados, espallados entre a area e enredados nas algas. Non hai contedores específicos e non hai certeza de que o 112 fose avisado.

- Praia do Muíño: Pélets na praia enredados nas algas. Non hai contedores específicos, pero a Asociación Anabam facilitou puntos de recollida. O 112 está avisado. Sen máis información.

A LARACHA:

- Praia das Salseiras (Caión): Hai pélets mesmo nas calas pequeniñas e entre a area. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Non hai ninguén recollendo. Sen máis información.

CARBALLO:

- Praia da Pedra do Sal: Hai pélets na praia. Sen máis información.

- Praia de Razo: Hai pélets na praia, sen contedores específicos. Polo momento o 112 non foi avisado. Sen máis información.

BAIONA:

- Praia Ladeira: Hai pélets na praia, pero non contedores específicos. Sen máis información.

SANXENXO:

- Praia de Silgar: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Hai voluntarios limpando con vasoira e recolledor e tamén persoal de emerxencias e do Concello. Non hai contedores específicos e os voluntarios aseguran que tras marchar da praia esta quedou limpa, pero as mareas poden volver enchela de microplásticos.

- Praia de Magor (Major): Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. O Concello di que se encarga da limpeza e non se avistaron voluntarios. Sen máis información.

- Praia de Bascuas: Hai pélets na praia, enredados entre as algas. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. A recollida estase a facer a man. Sen máis información.

XOVE:

- Praia do Esteiro de Xove: Pélets esparexidos pola area, na liña da marea. Sen máis información.

MARÍN:

- Praia da Lapamán: Hai pélets na praia, entre as algas. O Concello está avisado, o 112 non e polo de agora non hai contedores específicos para a recollida. Sen máis información.

- Praia da Coviña: Hai pélets na praia, entre as algas. O 112 está avisado pero non hai ninguén recollendo nin tampouco contedores específicos. Sen máis información.

MUXÍA:

- Praia do Coido das Margaridas: Hai pélets na praia, na area e nas rochas. Desde a súa aparición, segundo indican os voluntarios, non se recolleron, nin hai contedores específicos para facelo. Mesmo afirman que apareceu algún saco enteiro enriba das pedras hai uns días.

- Praia de Espiñeirido: Hai pélets na praia, na area. Hai voluntarios recollendo con cubos, coadores e capachos de auga. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos polo momento. Os voluntarios aseguran que apañaron varios puñados de microplásticos nunha hora.

POIO:

- Praia de Poio: Hai pélets na praia, na area. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Algúns voluntarios están a recoller os pélets a man, entre uns 10 e 30. Sen máis información.

MERA:

- Praia de Espiñeiro: Hai pélets na praia, coa area moi pisada, espallados pola area, nas rochas e entre as algas, o que dificulta a recollida sen levarse tamén algas. O 112 está avisado, pero non hai contedores específicos. Os voluntarios recollen con coadores e botes de auga. Sen máis información.

CEDEIRA: 

- Praia da Magdalena: Hai pélets no lugar, polo de agora só están a ser recollidos por voluntarios, non hai persoal organizado. Sen máis información.

PONTEDEUME:

- Praia de Cabanas: Hai pélets na praia, na area. Están a ser recollidos por voluntarios. Non hai contedores específicos para a súa retirada. Polo de agora son poucos e os voluntarios aseguran que en xeral a praia estaba sucia, porque tamén había outro tipo de plásticos, especialmente fío de pescar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Viva o PP! Vivam os votantes do PP!. O de emigrar vai ficar cativo ante esta desfeita.