18F.- Pontón apela a "unir no BNG" nunhas eleccións que son as "máis abertas" desde a chegada de Feijóo

Pide o voto de todos os "desencantados coa política": "Confiade no meu".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, animou este sábado a "unir no BNG" o voto de todos os "desencantados coa política", independentemente do que votasen " noutras ocasións", para lograr "un cambio" no Goberno galego, á vez que lles dixo: "Confiade no meu".

Pontón compareceu tras a reunión do Consello Nacional no que o BNG deu luz verde á elaboración das candidaturas, "un proceso transparente, desde as bases, porque, nesta organización, a militancia é quen máis ordena", arrincou a súa intervención.

Para a líder do BNG, as do 18F non son "unhas eleccións máis", se non "as máis importantes e abertas do últimos catorce anos", nas que se albisca, dixo, "o cambio", xa que "hai unha maioría social que está cansada de ir cara atrás, cansada de perder oportunidades, cansada de retroceder".

Para iso, sinalou, son importantes "dúas claves": "que todos os que queren un cambio participen e que unamos no BNG a todas as persoas que queren que Galicia teña un novo Goberno".

UNHA CAMPAÑA "EN POSITIVO"

Para Ana Pontón, coa precampaña en Nadal e a campaña en entroidos, o PP quere unha campaña de "baixa intensidade" e "onde non se fale de Galicia", xa que "o balance que deixa o PP tras 14 anos de Goberno é unha Galicia peor, con menos oportunidades".

DEBATES

Ana Pontón no Consello Nacional do BNG. BNG
Ana Pontón no Consello Nacional do BNG. BNG | Fonte: Europa Press

Pontón insistiu en reclamar debates para facilitar o contraste dos proxectos que presenta cada forza política e lembrou que os debates "non son unha prerrogativa dos partidos senón un dereito da cidadanía que os medios públicos galegos deben garantir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Roi Xordo

Votademe a min! Votade a UPG! As próximas eleccións son moi importantes, para poder seguir catro anos máis cobrando un bo soldo. E xa van...