O PSdeG acusa a Rueda de "desinformar" sobre a creación do xulgado de violencia de xénero en Santiago

Os socialistas din que o compromiso do Goberno central está "intacto".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2023 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O PSdeG acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "desinformar" sobre a creación dun xulgado de violencia de xénero en Santiago, xa que os socialistas din que o compromiso do Goberno central está "intacto".

Así o manifestou o secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, a través dun comunicado no que afeou as palabras de Rueda, que cualificou de "incomprensible" que o goberno de Pedro Sánchez perdese unha "magnífica oportunidade" de crear un novo xulgado de violencia sobre a muller na comunidade. Bouza afirmou que a creación deste xulgado contémplase para os orzamentos de 2024 e que os autorizados no último Consello de Ministros corresponden á programación de 2023.

"Non se pode caer na desinformación aos veciños de Comopostela, nos orzamentos de 2024 recollerase a creación deste nove xulgado", sentenciou.

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, en rolda de prensa | Fonte: PSOE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta