Un coche e unha furgoneta chocan na AP-9 en San Pedro de Nós

Os ocupantes de ambos os vehículos conseguiron saír polos seus propios medios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Un coche e unha furgoneta chocaron na mañá deste mércores entre os quilómetros 7 e 8 da AP-9 en sentido A Coruña, na parroquia de San Pedro de Nós.

Segundo informou o 112, o suceso rexistrouse ás 7,45 horas.O alertador que contactou co servizo explicou que a furgoneta se atopaba envorcada, pero que os ocupantes de ambos os vehículos conseguiran saír ao exterior polos seus propios medios.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico, os Servizos de Emerxencias de Oleiros e Cambre e os operarios de mantemento da autoestrada.

Colisión entre dous vehículos.
Colisión entre dous vehículos. | Fonte: 112 Galicia.. 112 GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta