Do "Ni tutelas, ni tu tías" de Fraga ás eleccións "sen mediadores, nin hipotecas" de Alfonso Rueda

O presidente galego sorprendeu a propios e estraños anunciando unhas eleccións que case todos auguraban en marzo ou abril. Os seus primeiros comicios sen a tutela de Feijóo. Por iso, Rueda quere imprimirlle a súa marca propia a estes comicios, tanto para ben, como para mal. Pero o seu antecesor estará moi presente na campaña.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

1990. Sevilla albergaba o Congreso que formalizaría a sucesión de Fraga á fronte do novo PP refundado por el no Congreso do ano anterior. Un cónclave que pasaría á historia do PP como o da famosa frase do presidente fundador "ni tutelas, ni tu  tías". Unha frase que Fraga pronunciaba mentres rachaba diante dos dirixentes e militantes do PP o escrito no que Aznar puña a cargo do presidente fundador o seu cargo de presidente do partido. Un xesto co que Aznar quería deixar claro que non se superaran as expectativas electorias de novembro de 1989 cando nos comicios xerais acadara 107 escanos.

Alfonso Rueda nun acto electoral
Alfonso Rueda nun acto electoral | Fonte: RTVE

 

Case 34 anos despois, ese espírito de "sin tutelas, nin tu tías" de Fraga foi o esgrimido este xoves por Alfonso Rueda á hora de convocar as eleccións galegas o vindeiro 18 de febreiro. Unha cita que chega uns meses anticipados con respecto á data prevista e que o actual presidente galego encargouse de puntualizar, e en varias ocasións, que se fai por decisión propia "sen hipotecas, nin mediadores".

 

Rueda quixo, deste xeito, marcar diferencias con Feijóo e rachar con algunhas das tradicións deste como presidente galego, entre elas, facer coincidir os comicios galegos cos vascos. Tamén, evitar que sexa o xa ex presidente galego e líder do PP quen "tutele" o proceso electoral galego desde Xénova. 

 

"O FUTURO DE GALICIA DECÍDESE AQUÍ"

 

 "O futuro de Galicia decídese cunha folla de ruta redactada aquí, sen mediadores nin hipotecas", enfatizou. E non foi algo que dixera nunha ocasión, repetiuno ata en tres ocasións para deixar claro que estas on as súas eleccións e non as de Feijóo. Rueda recoñeceu que lle deu "moitas voltas" á data da convocatoria electoral, recoñeceu que escoitou todos os consellos e tamén do seu antecesor e que ouviu ao seu equipo, pero a decisión foi del "a todos os efectos".

En todo caso, non ocultou que o seu antecesor na Xunta estará presente na campaña electoral. Tamén confirmou que desde o PP estatal trasladáronlle a súa intención de "colaborar" no que sexa posible. E é que en Xénova están moi interesados nestes comicios porque manter a maioría absoluta e o Goberno en Galicia reforzaría o liderado de Feijóo que sempre presume das súas catro maiorías absolutas en Galicia.

AS CHAMADAS DE RUEDA

Rueda confirmou que realizou dúas chamadas antes de anunciar unha "decisión xa tomada", a primeira a Feijóo e a segunda ao lehendakari vasco, Íñigo Urkullu. E aos dous lles dixo que "Galicia seguirá o seu propio camiño" e que a campaña, que apelou a facer "en positivo", "terá rumbo galego".

O líder dos populares galegos decidiu anunciar a data unha vez aprobados os orzamentos galegos para 2024, co obxectivo, dixo, de "manter a estabilidade" e de que Galicia teña "protagonismo" estatal nun escenario no que Rueda e os seus denuncian reiteradamente "agravios" do Goberno central.

Competirá con Ana Pontón como candidata do BNG (con 19 escanos no hemiciclo galego na actualidade) e José Ramón Gómez Besteiro como cabeza de cartel socialista (con 14 asentos no Pazo do Hórreo neste XI Lexislatura). No aire está aínda o candidato do espazo ligado a Sumar e o calado da coalición. Si confirmaron que se presentan Democracia Ourensá (o partido do alcalde da capital das Burgas, Gonzalo Pérez Jácome) e Vox.

"EUSKADI NON É GALICIA"

Rueda rompeu tamén unha tradición que mantiña Feijóo e era que as eleccións galegas coincidiran coas vascas. Por iso, ademais do seu antecesor no cargo chamou ao lehendakari para informarlle da decisión. "Euskadi non é Galicia", dicía xa en público Íñigo Urkullu ao ser preguntado ao respecto.

Na converda mantida, Urkullu trasladoulle ao seu homólogo galego que Euskadi seguirá "o seu propio camiño" e que aínda hai "moito traballo por facer" antes de acabar a lexislatura, que en principio finaliza en xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ElviLP

Rueda foi posto a dedo or Feijoo e ten menos carisma que Calamardo. Que pase polas urnas!