Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/12/2023 | Actualizada ás 21:05
A Xunta activou este luns o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións (Inungal) para o seguimento dos ríos da demarcación Galicia-Costa, polo aumento xeral de caudais, así como, de forma particular, nos ríos Lérez e Gándara, en Pontevedra. Segundo recolle a Dirección Xeral de Emerxencias, as choivas que se esperan nos próximos días, así como os actuais niveis dos cursos fluviais nesta demarcación "alertan sobre posibles desbordamentos". En consecuencia, iniciarase o seguimento para que os organismos e entidades afectados activen as medidas de protección necesarias. En particular, prestarase especial atención aos ríos Lérez e Gándara, en Pontevedra, onde os caudais poderán alcanzar niveis altos, de alerta laranxa, durante a noite deste martes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.