Penas de ata dous anos e medio para os cinco responsables da empresa de seguridade Alcor, tras 10 anos de instrución

A Fiscalía suma á súa petición penas de cárcere por delito de coaccións para os cinco acusados de vulnerar os dereitos dos traballadores. Os acusados obrigarían entre os anos 2011 e 2015 a máis dunha trintena de empregados a encadear "xornadas maratonianas"; asinar documentos en branco ao rubricar os seus contratos de traballo; ou encher partes de servizo con códigos diferentes en xornadas de 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 29/11/2023 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia