Doce meses de prisión por matar á súa cadela en Baiona arroxándoa contra o chan e dándolle unha patada

O acusado levantou no aire ao animal, suxeito pola correa, e deixouno caer violentamente contra o chan ata en catro ocasións, a pesar de que, á terceira vez, a cadela xa non se movía. Ademais, cando o animal estaba tendido no chan, propinoulle unha patada.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/05/2024 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia