Os viaxeiros con discapacidades invisibles gozarán de facilidades no aeroporto de Santiago grazas a un novo distintivo

Xa pode solicitarse a través da web de Aena, tanto en formato dixital como físico, e permite ao persoal do aeroporto identificar os pasaxeiros que o portan para facilitar e mellorar a súa experiencia aeroportuaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2023 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro ofrece un distintivo para persoas con discapacidades invisibles, de forma que se suma a outras terminais da rede de Aena que xa contan con el. Xa pode solicitarse a través da web de Aena, tanto en formato dixital como físico, e permite ao persoal do aeroporto identificar os pasaxeiros que o portan para facilitar e mellorar a súa experiencia aeroportuaria.

Para iso, formouse ao persoal do servizo de atención a persoas con mobilidade reducida, ao colectivo de atención ao pasaxeiro e ao persoal dos filtros de seguridade, co obxectivo de que conten con ferramentas para tratar a estes pasaxeiros e evitar a incomprensión debido a que a discapacidade non é evidente. Esta acción está dirixida a persoas que teñen dificultades en contornas estresantes e con moita estimulación sensorial.

O símbolo creado indica que o seu portador pode necesitar apoio, axuda ou simplemente comprensión e un pouco máis de tempo ante calquera proceso aeroportuario, facilitándolles o paso, na medida do posible, no control de seguridade, e resto de instalacións. O distintivo só será válido para o aeroporto e o día do voo solicitado e non será necesario que o viaxeiro o leve de maneira visible durante todo o seu paso polo aeroporto.

O aeroporto de Santiago ofrece un distintivo para viaxeiros con discapacidades invisibles
O aeroporto de Santiago ofrece un distintivo para viaxeiros con discapacidades invisibles | Fonte: AENA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta