O proceso de estabilización por concurso de méritos adxudica 106 prazas fixas de enfermaría

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

O sistema de estabilización por concurso de méritos adxudicou, por primeira vez, 106 postos como persoal estatuario fixo na categoría de enfermaría. 55 das prazas corresponden á Área Sanitaria de Santiago e Barbanza e 51, á Área Ourense-Verín-O Barco. En toda Galicia incorporáronse como persoal fixo 459 persoas.

As persoas aspirantes nomeadas, na súa maioría mulleres (92,81 %) dispoñen dun mes para incorporarse ao posto. No caso de non cubrirse algunha destas prazas, conferiraselle ao aspirante seleccionado a continuación. Enfermaría foi a categoría con máis prazas ofertadas, que se suman ás 1.556 do sistema de concurso-oposición, cuxos exames se realizaron o pasado mes de xuño, estando aínda en proceso de iniciarse a fase de concurso.

A xerente da área Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, incide en que con "estas medidas dótase de maior estabilidade ao cadro de persoal dos hospitais da área". Pola súa banda, a directora de enfermaría da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Vitoria Carral García, destacou as melloras "na contratación, fomentando e estabilidade, pero tamén as referidas ás retribucións" do cadro profesional, acordadas o pasado mes de abril cos sindicatos.

PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS

Nos próximos días tamén se publicará o nomeamento como persoal estatuario fixo de 42 médicos de familia de atención primaria, o cal seguirá tamén o proceso de concurso de méritos. Ademais, resolverase nos próximos días o concurso de traslados anual. Desta forma, máis de 900 profesionais obterán novos destinos acordes aos seus interedses profesionais ou persoais.

Persoal do concurso de méritos de enfermaría na área de Santiago e Barbanza
Persoal do concurso de méritos de enfermaría na área de Santiago e Barbanza | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta