A colaboración cidadá permite deter a dous agresores machistas en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 15/11/2023 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

Dous homes foron detidos nas últimas horas en Pontevedra como presuntos autores de senllos delitos de violencia machista. Segundo informou este mércores a concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Villaverde, as detencións foron posibles grazas á colaboración cidadá.

Eva Villaverde informou que estes dous casos "moi graves" rexistráronse no centro urbano. O primeiro tivo lugar este martes sobre as dúas da tarde nun domicilio da cidade. Varios veciños chamaron ás policías nacionais e local alertando dunha forte discusión no interior dunha vivenda con berros e chamadas de auxilio por parte dunha muller.

Os axentes que acudiron ata esa vivenda comprobaron que a vítima tiña lesións na cara, polo que foi trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo para ser atendida. Mentres o home foi detido. O segundo caso ocorreu sobre as catro da madrugada deste mércores en plena rúa. Unha testemuña presenciou como un home zarandeaba e propinaba dúas labazadas a unha muller, polo que chamou á Policía Local, que detivo ao agresor.

Manifestación en Vigo contra o machismo
Manifestación en Vigo contra o machismo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta