Betanzos conta con catro novas vivendas protexidas, cun custe de entre 120 e 250 euros ao mes

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/11/2023 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A Xunta entregou este martes catro vivendas protexidas no centro histórico de Betanzos rehabilitadas ao amparo do chamado programa Rexurbe, unha iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para comprar inmobles deteriorados ou en estado de abandono co obxectivo de recuperalos e destinalos despois a aluguer social.

Segundo detallou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as novas vivendas están localizadas nas rúas Preto, Nova e Torre, unha "zona privilexiada" do municipio coruñés. Así, os novos inquilinos pagarán unha renda mensual de entre 120 e 250 euros, dependendo das características de cada inmoble. Tres das vivendas teñen dous dormitorios e a máis grande conta con tres.

No acto de entrega, a vicepresidente segunda, Ángeles Vázquez, destacou que son unhas vivendas nas que "prima a calidade, a utilidade e o respecto pola recuperación do patrimonio construído". Vázquez detallou que estas son as segundas vivendas que se entregan nesta localidade no marco desta iniciativa e sinalou que o obxectivo é alcanzar os 17 inmobles rehabilitados, dos que se obterán 22 vivendas protexidas e tres locais comerciais. Tal e como indicou a Xunta, nestes momentos, en 10 inmobles xa concluíron as obras, cinco están a ser rehabilitados e outros dous están pendentes de licitación.

En total, ao amparo desta iniciativa, a Xunta comprou xa 94 inmobles (entre edificios e solares) nunha decena de municipios galegos e cun investimento estimado de 42,7 millóns de euros, tanto para as operacións de compra, como para a súa rehabilitación posterior. A previsión é conseguir 160 novas vivendas de promoción pública que o Instituto Galego da Vivenda e Solo destinará en todos os casos a alugueres sociais.

Rio Mendo en Betanzos
Rio Mendo en Betanzos | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta