Atopan a un ancián de 70 anos falecido nun incendio no interior dunha vivenda de Betanzos

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/11/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Un home faleceu na tarde deste mércores no incendio dunha vivenda situada na rúa Alcalde Beccaría da localidade coruñesa de Betanzos. Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia, a vítima é un home duns 70 anos de idade que se atopaba no interior do piso no que residía, situado na cuarta planta do edificio.

Alí orixinouse incendio minutos antes das 17.30 horas do que alertaron os veciños do inmoble, ao que se desprazaron os bombeiros do parque comarcal, Policía Local de Betanzos e Protección Civil. O falecido foi localizado inconsciente no baño do seu piso e trasladado ao descansillo do inmoble, onde se lle practicaron, sen éxito, manobras de reanimación. O incendio, sufocado polos bombeiros, produciuse en dúas habitacións da vivenda e o resto do inmoble viuse afectado polo fume, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Os bombeiros interveñen nun edificio
Os bombeiros interveñen nun edificio | Fonte: POLICÍA LOCAL DE VIGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta