O BNG pide a gratuidade de números de emerxencia como o da Policía Nacional ou o da Garda Civil

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentaria para demandar ao Ministerio de Asuntos Económicos que estableza a gratuidade dos números que atenden emerxencias ou prestan un servizo público na Administración Xeral do Estado.

En concreto, Rego refírese na súa iniciativa o teléfono 062 da Garda Civil, ao 091 da Policía Nacional, ao 092 da Policía Local, ao 080 dos Bombeiros locais ou ao 061 de Emerxencias Sanitarias. Tamén considera que se debería incluír o 060 de información da Administración, ao estar destinado a prestar un servizo aos cidadáns.

"Cremos necesario que o Ministerio leve a cabo unha revisión do Plan Estatal de Numeración para que estes números de interese social non impliquen un custo na factura telefónica das persoas que os utilizan", reivindica o BNG.

Control da Garda Civil. GARDA CIVIL
Control da Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta